Onte no Pazo de Tor tivemos unha mesa redonda onde tratamos o tema da Muller e a descapacidade dentro do programa "A arte de ser muller nun mundo por compartir" aquí vos deixo unha pequena mostra gráfica do que deu de si esta xornada .
“As viúdas dos vivos, as viúdas dos mortos” Emigración: carraxe universal. O desmembramento, o trauma e a perda son un comezo onde buscar un elemento de unión entre xéneros e culturas. Unha galega, un filipino, un bosnio, unha mexicana, unha ghanesa, un palestino: pais que non teñen fillas e fillos que non coñecen nais. Diásporas humanas, sen xénero xa. Todas pateira e todos “espalda mojada” . Na loita pola oportunidade, pola mellora, polo presente, polo futuro mellorando o pasado é onde medra a conversa común afianzada. Dende o esforzo e a superación da penuria. Dinámicas que igualan condicións e so entenden de persoas. Comunidades que procuran poder escoller viaxe en liberdade no canto de marchar por obriga. Comunidades criando nenos e nenas horizontais, que miran de igual ao do carón. Nin cara o cumio dende abaixo; nin cara a base dende o alto. Orfos e orfas sementando nos campos de soidade forzada para que en calquera lugar incen mans que amarren e misturen culturas e xéneros para turrar polo común. Follas Novas que dan lugar a novas follas.(Brais García)