Campamentos de arqueoloxia no Pazo de Tor

Coma todos os anos realizaranse durante 4 dias no Museo Pazo de Tor o Campamento de Arqueoloxia nos que os nenos xogaran a ser arqueologos o aprenderan as diferentes fases dunha escavación arqueolóxica. Esta actividade será o peche final ás actividades de verán organizadas pola Rede Museística no Pazo.

Presentacion do Canle Multimedia do Pazo de Tor

Presentamosvos o Canle Multimedia do Pazo de Tor no que iremos colgando os videos da Actividade Videorede. Xa temos uns cuantos pero inda iremos colgando algun mais a medida que se vaian creando. Un saudo

Actividades de Veran 2009: Videorede


Realizouse os dias 2 e 3 de Xullo o Obradoiro Videorede no Museo Provincial Pazo de Tor. Unha actividade dirixida os rapaces de entre 8 e 14 anos e que ten como obxetivo espertar a creatividade dos nenos aproveitando o alto interese que mostran polas novas tecnoloxías da información.

Os nenos realizaron traballos audiovisuais mediante diferentes dispositivos de grabación coma telefonos mobiles, cámaras de fotos e cámaras de video. Estes traballos teñen coma actriz principal a propia Rede Museística e tratan de vencellar aos nenos dos tres museos da rede mediante un dialogo activo e asincronico. Os nenos de cada museo estudan a sua historia, mostran o seu presente, e analizan o seu fututro facendo participes do proceso os nenos do resto de museos da rede mediante o Canal Multimedia do Pazo en youtube (http://www.youtube.com/user/museopazodetor).

Tamén se fomenta a idea de rede mediante a grabación de preguntas por parte de cada neno de Tor para os nenos de Narla e do Museo do Mar, e que xa se poden visionar no canal Multimedia do Pazo. Os nenos de Narla e do Mar deberán grabar Videorespostas as inquedanzas dos de Tor o dia que fagan o Obradoiro, que no caso de Narla será este Xoves dia 6 e Venres 7 e no do Museo do Mar entre o Martes 11 e Mercores 12.


Actividade ideada, deseñada, coordinada e impartida pola Rede Museística Provincial de Lugo.

Xerente da Rede Museística Provincial: Encarna Lago Gónzalez
Mestres:Encarna Lago Gónzalez, Angeles Rivada y María González.