Xa saíron as pombas para Lugo coa mensaxe de Tor

Inauguración de "Fogares de crianza", de Carmen Llonín


Esta é unha das propostas seleccionadas dentro do programa “Diálogos coa Rede”, inserido no proxecto EnREDarte, convocado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial, iniciativa que lles ofrece aos artistas a oportunidade de establecer coas súas propostas un diálogo artístico con pezas ou coleccións concretas pertencentes a calquera dos catro museos que forman parte da Rede. Carmen Llonín trae ó Pazo de Tor unha intervención que presenta o niÑo como clave de reinterpretación e reflexión sobre o territorio, unha metáfora do ciclo da vida como unha busca permanente da adaptación ó medio, do mesmo xeito que fan os paxaros cando teÑen que facer os seus niÑos. A través da súa obra, a artista presenta a vida como unha loita, un diálogo constante de construción – destrución coa natureza. E é no proceso creativo, nesa etapa de achegamento á natureza, a que determina de xeito ineludible a obra artística. “Fogares de crianza” é un traballo que mostra a innegable orixinalidade, diversidade e estética dos niÑos, froito da observación, reflexión e da admiración que Carmen Llonín ten por estes elementos cheos de vida. Carmen Llonín é unha artista feita a si mesma, autodidacta e multidisciplinar (vidro, fotografía, gravado, cestería, etc..). Expuxo de xeito individual na Capela de Santa María (Lugo), no Concello de Cervo, na Galería Sargadelos de Lugo, en Portas Ártabras (A CoruÑa) ou no CENIMA en Foz, entre outros. Actualmente, forma parte da exposición colectiva de artistas contemporáneas “Artistas en Red”, comisariada por Paula Cabaleiro. Asimesmo, foi partícipe do proxecto “Entolearte” e da mostra “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0”, ámbolos dous da Rede Museística Provincial. A súa obra foi seleccionada nos certames de Novos Valores de Pontevedra, 2009, e no Brocense de Cáceres de 2010.












VERÁN NO PAZO DE TOR

Aprendemos o abededario Braille a través da arte. A ver se acertades qué palabras compoñen a nosa creación artística






Obradoiro de tecido. Aquí temos ás nosas artistas aproveitando retais de roupa que xa non serve, para facer un pano nun tear, como antigamente se facía para facer toallas, colchas ou alfombras.