PEZAS DO PAZO DE TOR: ABANO DE PANTALLA




A Rede Museística Provincial alberga unha moi destacable colección de abanos. O primeiro ingreso tivo lugar o 12 de marzo de 1936, veu da man de D. José Costa Figueiras. Trátase dun abano chinés feito en óso calado;  seguiron ás doazóns nos vindeiros decenios co fin loable de enriquecer en cultura e patrimonio a sociedade. O Pazo de Tor, doado por María Paz Taboada de Andrés, é tamén un legado patrimonial para o seu desfrute, estudo e conservación. Os fondos do Pazo de Tor son de grande variedade, unha das mostras interesantes que presenta a modo de colección son os abanos. Escollemos para este novo artigo un abano moi especial, de tipo pantalla de procedencia francesa, nomeado alí como “écran à main” ou “écran de visage” probablemente do S. XVIII. Este tipo de abanos son aquí escasos e este atópase particularmente en moi bo estado, tendo en conta os materiais utilizados.

A peza escolleita di moito do contexto histórico, gusto ou moda do momento e por suposto, se indagamos un pouco, do seu uso  en orixe a maiores de refrescar. Espantaba os insectos e tamén protexía a cara do calor das enormes chemineas presentes en palacios e, porqué non, no Pazo. Aínda que non está no percorrido da visita, este alberga unha monumental lareira na pranta principal. Elementos similares aos abanos estaban presentes dende a antigüedade en civilizacións notables como a exipcia, babilónica, grega, romana... con usos que van do cotidián ao litúrxico. A variante de abano despregabre, ésta máis coñecida, virá de Oriente a Europa no S. XVI.

Este abano de pantalla ten máis interese porque presenta un relato (abundaban as esceas mitolóxica, románticas, teatrais ou históricas). Neste caso trátase dunha pasaxe histórica sobre Polonia, que atinxe ao Rei polaco Xoan III de Sobrieski na guerra contra o Imperio Otomano en Viena, a finais do S. XVII. Según relata o anverso do abano, Xoán III Sobrieski disponse a partir cara Viena coa súa familia presente despedíndose, a filla máis nova chora incesantemente, o motivo? Non estar preparada para a loita e acompañalo. Sen dúbida, o texto resulta revelador sobre os valores exaltados no momento.
Descripción técnica:

Abano de pantalla.

Orixe. Francés

Datación. S. XVIII

Materiais. Madeira, seda, cartón

Técnica de estanpación: gravado sobre cartón e fiado

Medidas totais: 41 cm X 23,5 cm

Variña: 27 cm

Bibliografía:

Mª del Rosario Fernández González, Encarna Lago González, Fernando Arribas Arias. (2002). Colección de Abanos do Museo Provincial de Lugo. Lugo, España: Deputación Provincial de Lugo

Courrier Europeén de l'art et de la curiosité. (1875). L'éventai d'écran. Gazette des Beaux-Arts, XII, 109 - 209.

Nathalie Rizzoni . (2008). Les écrans à main et l'éventail de Blaise et Babet (1783). 5/05/2017, de Collectiana Sitio web: http://www.collectiana.org/nathalie-rizzoni-les-ecrans-a-main-et-l-eventail-de-blaise-et-babet-1783.html

colaboradores de Wikipedia. (2017). Abanico. 5/05/2017, de Wikipedia, La enciclopedia libre Sitio web: https://es.wikipedia.org/wiki/Abanico