Uniforme da II República do Pazo de Tor: Miriam Fernández Otero

No Pazo de Tor, distribuído en dous manequíns e unha vitrina, expónse un coidado uniforme militar de gala de Teniente de Artillería montada, o cal seguramente pertenceu a D. Miguel Ángel Quesada y Munuera, esposo D. María Paz Taboada de Andrés (dona do Pazo de Tor), cando este servía no Corpo de Artillería do Exército de Terra da II República Española.

Nun dos manequíns expónse a guerreira ou chaqueta deste uniforme militar , do cal recoñecemos o rango polas dúas estrelas de seis puntas dos puños e as granadas representadas en distintos elementos do uniforme.

A chaqueta está confeccionada en pano azul, co cuello e puños en vermello, e conserva o cinguidor dourado coa fibela na que se aprecia claramente a granada ou bomba de artillería, características que se repiten na banda que a cruza dende o hombro dereito. Nos cabos desta banda, na espalda da chaqueta, iría enganchada a cartucheira, peza rectangular negra con frontal ribeteado en dourado e representación de canóns cruzados que está na vitrina.

Nos hombros presenta unhas charreteiras ou dragonas (hombreiras) metálicas coa representación do escudo da II República, posiblemente realizadas en Toledo. A botonadura, que está completa e ben conservada, presenta os canóns de artillería, mentras que nas solapas do cuello distinguimos unhas lucidas granadas bordadas en relevo con fío de ouro.

Ó carón desta chaqueta atopamos un par de botas militares de montar a cabalo.


No segundo manequín exponse unha capote ou capa para un Comandante artilleiro de cabalería, rango superior que o de Teniente (chaqueta anterior), identificado pola estrela de oito puntas bordada en fío de ouro que posúe na solapa do cuello, esta acompañada pola granada.

Confeccionado en pano azul e vermello conserva a botonería externa e interna co simbolo dos canóns, máis carece do cubrecuellos desmontable que tería en orixe, fragmento rectangular á altura da noz que posúe os furados por onde pasar os botóns das solapas.

 Neste manequín atopamos tamén uns pantalóns de cabalería de gala, de novo confeccionado a base de pano azul e vemello, co seu corte singular abombado na zona das coxas.




 Para finalizar na vitrina consérvanse distintos elementos relacionados con este traxe, tales coma catro chapas identificativas da arma de artilleiros, tres botóns, un par de hombreiras e a xa mencionada cartucheira.




Miriam Fernández Otero