Obradoiros "A túa palabra, o noso soño" e "Casting: a lúa"

Estupenda xornada de obradoiros no Museo Pazo de Tor. Aprendendo a soñar e a compartir soños a través dos obradoiros “Entre o Sono e os Soños” para os nosos grandes pequeamigos pola mañá, e a tarde co obradoiro A Túa palabra, o noso Soño. Agradecer tamén aos monitores Rubén e Helena, aos participantes e especialmente a Asc Auxilia Monforte polo bo rato que pasamos.








 






Exposición de gravados e monotipos: Peixes de Tinta


Obras de Esteban Bernárdez e Esteban Fuentes, realizadas coa técnica do gyotaku.



 











Obradoiro "Gyotaku: Peixes de Tinta"

O Gyotaku é unha técnica de gravado de orixe xaponés que consistía en cubrir un peixe con tinta e aplicarlle unha folla de papel de arroz para que a súa imaxe quedase estampada nel. Por iso, “gyo” significa peixe e “taku” frotar. Esta forma de estampación nace no Xapón do s. XVIII. Os pescadores utilizábano para levar un rexistro das súas capturas. Co tempo, este método converteuse nunha práctica artística.