I Simposio Arte e Natureza no Pazo de Tor

Conferencia inaugural a cargo de Fernando Casás.






Xornada de tarde - Mesa redonda: "A angustia do paraíso perdido"






Segunda xornada - Mesa Redonda: "Paraíso como natureza"





I Simposio Arte e Natureza no Museo Pazo de Tor

Aquí tedes o enlace directo da inscrición para o primeir Simposio "Arte e Natureza", que se vai celebrar no Pazo de Tor os días 27-28 de xullo. So hai 50 prazas, non perdades o tempo!:

Concerto de Jotinho's - 7º Aniversario do Pazo de Tor como museo










Xa saíron as pombas para Lugo coa mensaxe de Tor

Inauguración de "Fogares de crianza", de Carmen Llonín


Esta é unha das propostas seleccionadas dentro do programa “Diálogos coa Rede”, inserido no proxecto EnREDarte, convocado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial, iniciativa que lles ofrece aos artistas a oportunidade de establecer coas súas propostas un diálogo artístico con pezas ou coleccións concretas pertencentes a calquera dos catro museos que forman parte da Rede. Carmen Llonín trae ó Pazo de Tor unha intervención que presenta o niÑo como clave de reinterpretación e reflexión sobre o territorio, unha metáfora do ciclo da vida como unha busca permanente da adaptación ó medio, do mesmo xeito que fan os paxaros cando teÑen que facer os seus niÑos. A través da súa obra, a artista presenta a vida como unha loita, un diálogo constante de construción – destrución coa natureza. E é no proceso creativo, nesa etapa de achegamento á natureza, a que determina de xeito ineludible a obra artística. “Fogares de crianza” é un traballo que mostra a innegable orixinalidade, diversidade e estética dos niÑos, froito da observación, reflexión e da admiración que Carmen Llonín ten por estes elementos cheos de vida. Carmen Llonín é unha artista feita a si mesma, autodidacta e multidisciplinar (vidro, fotografía, gravado, cestería, etc..). Expuxo de xeito individual na Capela de Santa María (Lugo), no Concello de Cervo, na Galería Sargadelos de Lugo, en Portas Ártabras (A CoruÑa) ou no CENIMA en Foz, entre outros. Actualmente, forma parte da exposición colectiva de artistas contemporáneas “Artistas en Red”, comisariada por Paula Cabaleiro. Asimesmo, foi partícipe do proxecto “Entolearte” e da mostra “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0”, ámbolos dous da Rede Museística Provincial. A súa obra foi seleccionada nos certames de Novos Valores de Pontevedra, 2009, e no Brocense de Cáceres de 2010.












VERÁN NO PAZO DE TOR

Aprendemos o abededario Braille a través da arte. A ver se acertades qué palabras compoñen a nosa creación artística






Obradoiro de tecido. Aquí temos ás nosas artistas aproveitando retais de roupa que xa non serve, para facer un pano nun tear, como antigamente se facía para facer toallas, colchas ou alfombras.




O Museo Pazo de Tor está de Aniversario.

A Rede Museística Provincial de Lugo está de en hora boa! O Pazo de Tor cumpre 7 anos como museo. Queremos celebralo cun acto moi especial. Pombas mensaxeiras levarán a nova ata Lugo, como xesto de convite á sociedade e celebrar que o 13 de xullo de 2006 comenzou este proxecto de museo de todos e para todos.
As pombas mensaxeiras foron moitas veces portadoras da esperanza e da ilusión ao longo da historia da humanidade.
O acto contará tamén coa inauguración do proxecto “Fogares de crianza” da man da artista lucense Carmen Llonín, seleccionado para o programa “Diálogos coa Rede” inserido no proxecto EnREDarte, convocado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial.

O domingo, 7 de xullo ás 12 horas da mañá inauguraremos o proxecto artístico “Fogares de Crianza”, de Carmen Llonín, e logo as pombas levarán unha mensaxe de ilusión polos proxectos comúns, que enriquecen a sociedade e enchen de esperanza estes momentos difíciles.
Antonio Muñoz Sagasta, membro do Clube Colombófilo Muralla de Lugo, impartirá unha charla sobre o mundo da colombofilia no pasado e no presente. Ao remate Antonio Muñoz levará a cabo a colocación das mensaxes* e a solta das pombas.
*Mensaxe: “Quedamos o 13 de xullo ás 19:00 horas no Museo Pazo de Tor, xa leva 7 anos de andaina. Estaría ben xuntarnos para compartir recordos, anécdotas do Pazo, proxectos e botar un baile con Jotinho’. Contamos contigo!”

O noso agradecemento ao Clube Colombófilo Muralla de Lugo pola súa colaboración e a Antonio Muñoz Sagasta, pola súa colaboración.