Declaraciones- ICOM

Declaraciones- ICOM

OBRADOIRO O TEMPO NO TEMPO

O 27 de setembro fixemos un reloxio de sol, coma o que temos no Pazo, e probamos o seu funcionamento, estes nunca atrasan!, ;) Este obradoiro estivo a cargo de Delorian Gray.










NATUREZA E EMIGRACIÓN (INMIGRACIÓN) ENTRE ARXENTINA E GALICIA

Setembro

A Etnobotánica foi o tema que tratamos ontes no Pazo de Tor, ou o que é o mesmo, aprendemos os diferentes usos que tradicionalmente se lles daban, e se lles da nalgúns casos aínda hoxe, ás herbas e plantas da nosa contorna. Despois andivemos á procura delas polos arredores do Pazo, identificámolas, marcámolas con carteis e tamén recolectamos, por suposto. Ah!, e sementaremos cando toque. Convertiremos o Pazo nunha escola de menciñeiros? O proxecto permanecerá aberto,así que se sabedes dalgunha herba, receita ou remedio, cubride o noso cuestionario online e seguiremos traballando coa información que nos proporcionedes. Gracias por colaborar con nosoutros!