PEZAS DO PAZO DE TOR: O QUIJOTE

Tal día coma hoxe, hai catrocentos un anos, morría Miguel de Cervantes Saavedra, un 23 de abril de 1616. Soamente un ano antes, viu publicada a segunda parte do Quijote, que adicou a D. Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos e Virrei de Nápoles, recoñecido mecenas dalgúns dos ilustres artistas e escritores do Século de Ouro. Os condes de Lemos sempre estiveron moi ligados a historia do Pazo. Abunda a documentación no arquivo que fai referencia a eles. Os propios Leonor Sarmiento de Sotomayor e  Francisco de Quiroga Taboada y Álvarez de Castro, Señores de Tor, acompañaron ao conde a Napoles cando este foi nomeado Virrey. Desa viaxe hai diferentes testemuñas no Pazo a modo de pezas traídas dende Italia. 
Nunha biblioteca coma a do Pazo non podían faltar obras de Cervantes, e moito menos algunha do Quijote. Temos a honra de contar con dúas edicións diferentes desta obra cumio da literatura universal. Por un lado, temos unha editada en varios volumes en 1797, correxida e aumentada por D. Juan Antonio Pellicer, "bibliotecario de S.M. y académico de número de la Real Academia de la Historia". 






Pero tamén contamos con outra edición realizada nos talleres de Joaquin Ibarra no ano 1780, impulsada pola Real Academia. Unha obra excepcional que contou coa participaron dos mellores ilustradores da época, quedando fóra artistas da talla de Goya. Todos eles eran membros da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, e a tinta, o papel e incluso a tipografía creáronse a propósito e ao máis completo detalle para esta edición. 











Hoxe parécenos un bo día para traervos estas dúas pezas admirables, que forman parte da nosa colección grazas a Dna. María Paz Taboada de Zúñiga, e que podemos disfrutar todos os que pasemos algún día polo pazo, xa que son dúas das obras que se poden ver no despacho durante a visita ó noso museo.

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODXS!