Prográma da Rede no Día Internacional dás Persoas con Discapacidade

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2011 
 Rede Museística da Deputación de Lugo
Museos sen límites, museos posibles

A áreas de Cultura, Turismo e Benestar Social da Deputación de Lugo a través dos catro museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo, e mais concretamente, do Departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes, conmemoran o Día internacional das persoas con Discapacidade 2011 cunha serie de actos e actividades  cos que se pretende concienciar e fomentar na sociedade  a integración das persoas que por moi diversas razóns precisan dunha discriminación en positivo. Para que non haxa límites para ninguén, para que todo sexa posible para todos e todas.


PROGRAMA
Luns, 28 de novembro de 2011, ás 12:00 horas
-Presentación do programa de actividades para conmemorar o Día Mundial da Discapacidade 2011 nos museos da Rede Museística da Deputación.
-Presentación de “Museos posibles” (http://museosposibles.wordpress.com), un blog colaborativo sobre accesibilidade e capacidades diferentes.
 Nesta pesentación participarán un grupo de persoas con discapacidade, voluntarios colaboradores coa Rede Museística.
  
Sábado, 3 de decembro: Día Mundial da Discapacidade 2011
Oídos que ven: Visitas guiadas telefónicas desde os catro museos da Rede para todos os usuarios con discapacidade que non poidan acudir. É imprescindible a concertación previa.

Proxección sobre a discapacidade

IV Festival Internacional de cine sobre a discapacidade, Fundación Anade.
Sabado 10 ás 19:00, dobre sesión. Proxección da película Flores de Papel, dirixida por Luis Vil, e  a curtametraxe Som Taujá, dirixida por Borja Zausen
Domingo 11 ás 19:00, dobre sesión. Proxección da película 7 Dias e a curtametraxe Pianola, dirixido por Rosa Izquierdo e Guillermo Roqués.

Obradoiros
1.- Arte e parte: O desafío de voar coas propias ás: Obradoiro de sensibilización para todo tipo de públicos.
 Imparten a psicóloga e especialista en Arte-Terapia Adriana Pazos Ottón, directora de Aulaideas, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística.
 Calendario
Día 6  de decembro, no Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.
Día 8  de decembro, no Museo San Paio de Narla, Friol.
Día 9 de decembro, no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
Día 17 de decembro,  no Museo Provincial de Lugo.

2.- Obradoiro de Fotografía para cegos, percorrendo os catro museos da Rede.
 Imparten Encarna Lago, xerente da Rede Museística, unha terapeuta e varios fotógrafos lucenses.
O 3 de xaneiro de 2011 ábrese o prazo para inscribirse neste obradoiro. As datas de realización fixáranse en función do número de demandantes.

Teatro inclusivo
Representacións da obra “O médico a paos” polo grupo de teatro Pinchacarneiro nos catro museos co seguinte calendario:
Día 12  de xaneiro, no Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.
Día 13  de xaneiro, no Museo San Paio de Narla, Friol.
Día 18 de xaneiro, no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
Día 19 de xaneiro, no Museo Provincial de Lugo.
Exposicións
VI Premio Internacional Fotográfico sobre Discapacidade: Fundación ANADE. Refectorio do Museo Provincial de Lugo (do 5 ao 20 de decembro)
Inauguración e entrega de premios: luns, 5  de decembro, ás 11:00 horas.

De Marbella a Torremolinos. Imaxes de manicomio. Fotografías de José Reigosa (do 28 de decembro de 2011 ao 29 de febreiro de 2012). Sala de exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación). Inauguración: 28 de decembro, ás 20:00 horas.
__________ _________

Máis información e contactos cos museos da Rede  Museística da Deputación de Lugo:

Museo Provincial de Lugo
Tfno..: 982 24 21 12 / info@museolugo.org

Museo Etnográfico de San Paio de Narla
Tfno..: 982 37 51 56 / sanpaiodenarla@museolugo.org

Museo Provincial do Mar
Tfno..: 982 59 45 72 / museodomar@museolugo.org

Museo Pazo de Tor
Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org

Xerencia: Tfno.: 620 280 203 / xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org



A Arte de ser muller: Laura Pernás e Sesé Vila

Esta semana no Pazo, teremos o privilexio de contar con obras de Laura Pernás e Sesé Vila. Duas artistas que non vos van deixar indiferentes e que participan  dentro do proxecto de igualdade e visibilidade da muller na Arte. Compartimos con vos un texto de que nos achegou Laura Pernás e que explica un pouco a súa obra. 




 A morte da miña nai cando contaba seis anos de idade fíxome crer que os traspés que sofrimos na vida non poden mitigarse loitando con valentía contra o azar. Foi precisamente este factor o que determinou o seu nome, Alicia, como a de Lewis Carroll, e, en certo sentido, a miña visión das cousas.

Poucas son as cousas que lembro con claridade dos meus primeiros anos. Quizais hai unha, o olor da herba. O olor da herba faime evocar aqueles seis anos roubados nos que eu xogaba nunha herba altísima que aínda non fora segada, allea a toda desgracia. Pero ano tras ano, ca chegada do verán, meu avó acababa por segar a herba; destruíndo todos os meuss paraísos e fantasías, dando paso á nada.

Din que un pode morrer máis facilmente de nada que de dor.

Unha pode rebelare ante a dor, ante a nada non.






"Frame" da videocreación "Treinta o Cincuenta sueños, ningún recuerdo".                                           
 
 
Tras rescatar entre os restos do naufraxio da miña infancia, unha película en Super8 na que saio eu á idade de cinco anos, xogando nesa altísima herba, comeza o meu traballo como videocreadora, realizando a obra nun bosque na miña memoria. Esto supón o punto de arrinque do  meu proxecto creativo; un proxecto que fala da infancia, da dor, da pena, do destino.

Para A Arte de ser Muller presento, por primeira vez, practicamente de forma íntegra a serie de videocreacións “Ciclo de la Tormenta”. Trátase de sete traballos, (neste caso seis) ordeados cronoloxicamente por data de realización. Son: “un bosque en mi memoria”, “rayo de tiniebla”, “éxtasis de angustia”, “todos mis secretos”, “treinta o cincuenta sueños  ningún  recuerdo” y “como si dios llorase lagrimas de oro”. Tan só falta “prólogo a una profecía” ou o que supuxo na miña vida morder simbolicamente unha manzá; que supón o punto final desta etapa.
Son traballos que falan da infancia, a mística, o loito, a introspeción; de búsqueda, alquimias e dor. Trátase de pezas onde a realidade e a ficción confúndense, o soño e a vixilia se entremisturan, e o delirio e a alucinación dan paso, a xeito de confesión, a unha caste de terapia autorreferencial que, como se se tratase dun exorcismo, axúdanme a asumir o meu propio destino.


ESPAZO PÚBLICO DE VISIBILIDADE: Roberto González Fernández no Pazo de Tor.



Dentro do proxecto Espazo público de visibilidade que se vén desenvolvendo nos museos da Rede Museística o próximo 28 de outubro vaise inaugurar no Museo Pazo de Tor a exposicón Vírgenes Descuidadas do artista monfortino Roberto González Fernández. No acto de inauguración desta exposición, que se poderá visitar ata o 11 de decembro, Roberto González impartirá ÁS 18.00 H. unha conferencia titulada Retratos y autorretratos entre la pintura y la fotografía

Blanca Besteiro e María Jesús P. Carballo na Arte de Ser Muller

Das sombras inquedantes do grabado á paisaxe erma, núa e cálida; as dúas artistas dialogan co interior e o exterior do Pazo, nesta nova mostra da Arte de ser muller.


 Esta imaxe que agora gardo, traeme  os malos anos, días de máis sen chuvia. A  seca ven  ás miñas pedras;  secura  e  morna calma do vento do Sur. "Para chover en Tor, ha de chover en todo arredor"

 Paisaxe de Maria Jesús Pérez Carballo (foto Silvia Rguez. Grandío)                                            


Na treboada ábrense as portas, a sombra proxéctase no meu piso de madeira. Tremo e lembro a pillaxe dos soldados de Napoleón.

Gravado de Blanca Besteiro (foto de Silvia Rguez. Grandío)                                                                         
“A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 3.0”




Compráceme participar neste proxecto expositivo proposto pola Rede Museística Provincial de Lugo como representación das mulleres que estamos a loitar no mundo da arte e no que, cada vez, estamos a deixar unha pegada máis e máis grande.

Comparto, nesta ocasión, tres composicións pictóricas que pertencen ao meu proxecto Tinos e Titubeos que representa os meus primeiros pasos no mundo da arte.

O primeiro lenzo titulado Pájaros en la cabeza é un anaquiño de min e das miñas inquedanzas. Todos os meus traballos marcan o momento que estou a vivir e dalgún xeito podo dicir que son un reflexo. Oscilando no mundo dos contos, ésta representación de trazos moi coloridos contaxia ao espectador co seu positivismo.

Os formatos que elixo normalmente son series de lenzos xa que avivan a idea de pensamentos, fragmentos, anacos de ideas e ocorrencias dun momento determinado que pretendo transmitir.

Maruja Mallo e Sonia Delaunay son outros dos traballos que se poden apreciar neste proxecto. Pertencen a unha serie de pinturas homenaxe a algunhas das grandes artistas que admiro e que espertaron, a través das súas obras e a súa persoalidade a miña curiosidade e inquedanzas polo mundo da arte. Fridha Kahlo e Berthe Morrisot completan a colección e, aínda que, non conten con relación entre elas as elixo como fonte de inspiración para este traballo. É importante entender que non se trata de retratos senón dun guiño aos seus pensamentos. A través dos sombreiros das ideas, como eu lles chamo, conxelo os seus pensares nun instante a través da explosión de cores e trazos.

Os lenzos cos que participo son dunha natureza moi íntima e de certo ton feminino e contan con grandes referentes femininas como Frida Kahlo, Kiki Smith e Dana Schutz, entre outras.

O papel da muller na arte sempre foi imprescindible e moitas das mulleres artistas ao longo da nosa historia souberon facer da súa vida a mellor das súas obras de arte. As mulleres somos moi intensas e cando traballamos sabemos contaxiar esas nosas creacións coa nosa persoalidade, os nosos gustos e os nosos soños sempre co fin de expresar as nosas propias historias.

Con técnicas como os acrílicos, as acuarelas, e o collage, e sempre, empregando cores moi vibrantes e alegres pretendo transportar ao espectador a unha atmosfera diferente, orixinal e moi alegre.

O máis enriquecedor da visita a esta exposición é unha viaxe polos 25 mundos de ensoñación de 25 artistas moi diferentes que teñen en común a máis fermosa das cousas: ser muller.

Ruth Nuñez Ares

http://ruthnunezares-art.blogspot.com/

















O PAZO DE TOR



PAJAROS EN LA CABEZA


100x80

Collage, acrílico/ lienzo





SAN PAIO DE NARLA MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO



MARUJA MALLO SONIA DELAUNAY



80x80 cm 80x80 cm

Acrílico/ lienzo Acrílico/ lienzo



1ª reunión de toma de contacto con asociacións de discapacitados da Mariña

Mañá as 11 da mañá Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, reunirase con membros de diferentes asociacións de discapacitados da área sur da provincia para facer un primeiro diagnóstico das necesidades e propostas que poidan ter para a confección dun programa de actividades especifico para estes colectivos no vindeiro curso 2011/2012.

Tras este primeiro contacto está previsto que volten a reunirse, xa con propostas concretas, o dia 1 de Outubro

"Educación, cultura y acción social en los Social Media"


Formulario de inscripción para a Xornada "Educación, cultura e acción social nos social media" dirixida por Pilar Gonzalo




Programa de actividades verán 2011


Pazo de Tor
(REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO)
Enrédate con nós
Verán 2011



A evolución das novas tecnoloxías puxo ao noso alcance ferramentas que fan posibles soños. Estas ferramentas posibilitan unha retroalimentación informativa sen precedentes. O modelo de xestión da información e acceso a contidos está agora dirixido por nós mesmos mediante Blogs, canles de TV y Radio en streaming, subscripcións RSS etc. Isto, xunguido á inmediatez e facilidade de difusión das redes sociais, conforma un escenario no que museos e demáis institucións culturais públicas, debemos saber tirar proveito de todas estas ferramentas para poder cumplir o noso fin como espazo público. Achegarse ao usuario non é suficiente, agora queremos que participes dun espazo que é teu e que está a túa disposición.
"Enredate con Nós" e o lema da proposta deste programa de actividades, que pretende enredar, enlear, envolver, engaiolar, enganchar, comprometer..., pór en rede a todos e todas. Propoñemos e tamén agardamos propostas; queremos suxestións, ideas ou proxectos. Trátase de democratizar o acceso á cultura, facer real o dominio público, das infraestructuras e equipamentos culturais: quen teña un proxecto veña e poda levalo a cabo nun espazo que é noso, de todos, teu.

COMEZA O VERÁN NOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA
7 de xullo de 2011
18.00 h.: Inauguración da exposición “Documentos con memoria”. (Do 7 ao 31 de xullo)

18.30 h. : Presentación das Xornadas “Museos: as redes sociais como xeneradoras de cambios”,  por Encarna Lago González.

19.00 h. : Presentación e reunión das artistas participantes no proxecto “A arte de ser muller nun mundo por compartir: Que ves cando me ves?”.

19.30 h. : Presentación do proxecto “Espazo público de visibilidade”.
           
OBRADOIROS PARA RAPACES E RAPAZAS: O son de Tor
19 de xullo de 2011
Concerto-obradoiro
MestreAndrés Díaz
Obxectivos: Dar a coñecer o mundo da música antiga e dos seus instrumentos a través dos exemplares de instrumentos antigos de tegra que forman parta da Sala de Música do Pazo de Tor.
Horario: de 11:00 a 13:30 horas.
Prazas: 20
20 de xullo de 2011
Obradoiro de pequenos instrumentos da nosa música tradicional
Mestre:  Xavier Blanco.
Obxectivos: Faremos unha montaxe de instrumentos despezados (semiconstrución), aprendendo a tocalos.
Horario: de 11:00 a 13:30 horas.
Prazas: 20

24 e 25 de agosto de 2011
Actividades con códigos QR, graffitis e música hip hop. Xogo de realidade alternativa
Obxectivos:  Nesta segunda parte de “O son de Tor” abarcaremos os ocos dos sons actuais e todo o relacionado con eles. Falaremos da cultura hip hop, tocando varios aspectos desta. Como remate, os rapaces participan nun xogo de realidade alternativa no que terán que desvelar un misterio coa axuda das novas tecnoloxías e do seu enxeño.
Horario: de 11:00 a 13:30 horas.
Prazas: 20

OBRADOIROS PARA MAIORES
20 de agosto de 2011: Álbum da memoria compartida
Obxectivos:  Traballar coa memoria e as reminiscencias: a primavera, o verán, o outono e o inverno da vida. Rematamos a actividade facendo unha fornada de pan.
Horario: de 10:00 a 14:00 h.

PROPOSTAS PARA FAMILIAS: ROTEIRO IRMANDIÑO
6 de agosto
Viaxe ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, onde nos xuntaremos cos viaxeiros procedentes do Museo Provincial do Mar, San Cibrao. Poñeremos en práctica as nosas capacidades e habilidades para recrear as guerras irmandiñas.
Prazas: 40.
Inscricións: Pazo de Tor

I XORNADAS: MUSEOS, AS REDES SOCIAIS COMO XENERADORAS DE CAMBIOS
Venres, 26 de agosto
Pola mañá participará Araceli Corbo responsable da Biblioteca – Centro de Documentación do MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León.

16:00.-Mesa redonda: Museos, as redes sociais como xeneradoras de cambios.

EXPOSICIÓNS
A arte de ser muller nun mundo por compartir: Que ves cando me ves? (do 1 de agosto ao 30 de setembro)

Vídeo-proxección: Oficios e mulleres de aquí e de acola (do 1 de agosto ao 30 de setembro de 2011). Cuarto de convidados.

Documentos con memoria (do 7 ao 31 de xullo de 2011). Mostra bibliográfica, fotográfica e documental producida polo Museo Provincial de Lugo.

CONCERTO
26 de agosto, ás 20:30 h.
Espazos sonoros 2011: O artilleiro da batalla de Elviña, por Canto romántico. (Lucía Vázquez, soprano, Antonio Santos, barítono, Yonit Kosovske, fortepiano, e Julián Navarro, guitarra romántica). Recrea a historia de amor entre un artilleiro francés e unha moza galega.

MUSEOLOXÍA SOCIAL
23 de setembro, 11:30 horas
Reunión cos colectivos afectados e presentación das memorias e novas iniciativas do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade.

POLAFÍA NO PAZO
Sábado, 22 de outubro ás 18:00 h.
Reunión para contar e cantar, e para chocolatear, rememorando a tradición oral e musical da comarca de Lemos. Actividade organizada pola Sección de Literatura Oral da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)

VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS
Itinerarios en feminino
Todos os domingos do verán, ás 12:00 h.
Visitas guiadas habituais: De martes a domingo: ás 11, 12:30, 16:30 e 18 h.

NOTA IMPORTANTE
A inscrición para as actividades que a requiren é gratuíta e poderá formalizarse a partir da data de publicación desta convocatoria no propio museo.
O prazo rematará cando se cubran, por rigorosa orde de inscrición, as prazas convocadas.
No caso de non se reuniren as inscricións suficientes para realizar algunha actividade (ou por causas de forza maior) poderá suspenderse algún dos obradoiros, circunstancia que se lles comunicará oportunamente ás persoas directamente afectadas.
No suposto que alguén decida non asistir a algún dos obradoiros nos que estea inscrito, prégaselle que lle comunique ao Museo esa incidencia para posibilitar o acceso das persoas en reserva.

Museo Pazo de Tor
San Xoán de Tor / 27591 Monforte de Lemos (Lugo) / Tfno.: 982 165534 / pazodetor@museolugo.org / xerencia@museolugo.org / www.museolugo.org.

Horario de visitas: De martes a domingo (visitas guiadas ás 11, 12:30, 16:30 e 18 h. Permanecerá pechado os luns e os días 1 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro. Entrada gratuíta

Xerencia da Rede Museística
Tfno.: 982 165534 / xerencia@museolugo.org





Acaba de presentarse aos medios de comunicación un interesantísimo e inédito plano da praza do Campo Castelo de Lugo e a muralla, realizado en 1757 por Agustín Baamonde, que se atopaba no arquivo do Pazo de Tor, pazo pertencente á Rede Museística Provincial.

Acaba de presentarse aos medios de comunicación un interesantísimo e inédito plano da praza do Campo Castelo de Lugo e a muralla, realizado en 1757 por Agustín Baamonde, que se atopaba no arquivo do Pazo de Tor, pazo pertencente á Rede Museística Provincial.


Aniversario Rosalía de Castro


Con motivo do aniversario de Rosalía de Castro, o 24 de Febreiro, Fundación Rosalía de Castro e a Rede Museística de Lugo, presentarán unha proxección sobre a experiencia pedagóxica “Follas Novas, Novas Follas” gañadora do último certame da Fundación Rosalía de Castro e repartirán material didáctico da proposta aos grupos escolares que durante o día se acheguen aos Museos da Rede (San Paio, Museo do Mar e Pazo de Tor) e ao Museo da Fundación Rosalía de Castro en Padrón.

Resumen general de los trabajos realizados para las caballerizas del

Check out this SlideShare Presentation:

Memoria en web da Rede Museística


Seguindo unha política de máxima transparencia na xestión, este ano dende a Xerencia da Rede Museística, dependente da Area de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, presentamos a memoria 2010 dos Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla  en dous formatos, físico e dixital. Desta maneira todo aquel que o desexe pode consultala dende un ordenador. Pensamos que os usuarios deben saber como se xestionan os cartos investidos na Rede xa que son cartos que saen dos seus petos. Tamen e importante resaltar que a creación desta web esta feita con ferramentas gratuitas e que estan o alcance de todos.

A racionalización do gasto e a cooperación de todo o persoal deu como froito que cunha porcentaxe  destinado a actividades culturais, en principio, tan pequeno(menos de 6000 euros anuais en actividades culturais para cada un dos museos de San Paio, Pazo de Tor e Museo do Mar) teñamos:

Un correcto funcionamento e cumplimento estricto das funcións propias como museos.

 A máxima calidade no servizo ofrecido aos nosos usuarios co minimo gasto.


A web estructurase en 9 seccións, algunha con subseccións, que son as seguintes:

1.- Inicio: Páxina principal. É a presentación da web. Hai tres seccións destacadas e un apartado para publicala no Facebook.

2.- Sobre Nós: Nesta seccíon explicase que é a Rede e como traballa.

3.- Programas: Dende aquí podese acceder ós diferentes programas da Rede. Tales como:

-Arquitectónico: Melloras nas instalacións.
-Coleccións: Novo material incorporado ós fondos dos museos.
-Acción cultural: Concertos, teatro, conferencias, cine, exposicións, presentacións...
-Didáctica: Obradoiros realizados este ano.
-Económico: Orzamentos e video explicativo dos orzamentos.
-Institucional: Así funciona a Rede.
-Persoal: Listado de persoal que traballa en tres dos museos da  Rede.(San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo do Mar)
-Conservación: Actuacións levadas a cabo nas pezas das nosas coleccións.

4.- Mediateca: Un repaso a nosa actividade audiovisual neste ano.

5.- Estatísticas: Un repaso ás estatísticas dos tres museos da Rede.

6.-Descargas: Unha sección con material para descargar referente a todo o que fixemos este ano.

7.- Destacado: Un breve resumo das cousas máis destacadas na Rede neste ano 2010.

8.- Memorias dos museos: Memorias individuais por museo que se poden consultar online.

9.- Contacto: Para todos aqueles que se queiran poñer en contacto con nós

ESTATÍSTICAS 2009/2010 GRÁFICAS COMPARADAS