OS NENOS DO PAZO DE TOR CREARAN UN MUSEO ESCOLA VIRTUAL

                                                                           
  MEMORIA DOS SOPORTES   
A Memoria é o tema comun que este ano escollemos na Rede Museistica de Lugo, guiadapolo ICOM,  para realizar os nosos, xa tradicionais, Obradoiros de Nadal. Un tema moi axeitado para unha institución que ten coma un dos seus fins preservar precisamente iso, a Memoria. Tamen teñen esta mision os Arquivos e as bibliotecas, que gardan dentro das suas paredes a memoria do noso patrimonio bibliográfico e documental. A memoria conservase nestas institucións sobre diferentes soportes actualmente, libros documentos, cds, dvds, microfilms... Pero non sempre estes foron os soportes polos cales os nosos antergos conservaron a sua historia e o seu coñecemento. A escritura, e os diferentes soportes dos que dispuxo, foron unha peza clave na conservación da memoria colectiva. 

Neste obradoiro habera unha parte practica e unha teorica na que veremos de maneira sinxela unha breve historia de todos eses soportes dos que se serviu a humanidade para deixar constancia da su memoria. Comezaremos na pedra e remataremos na web, recorrendo a Memoria dests soportes que tan importantes foron durante seculos. Na parte practica realizaremos unha sinxela axina web colectiva que sera a nosa pequena aportación a preservar a Memoria.

O Museo do Mar de San Cibrao non sempre foi o que hoxe coñecemos. Non fai tanto o edificio albergaba unha escola e foi o propio Mestre de esta, Francisco Rivera Casas o que xunto cos seus alumnos foi creando o Museo que hoxe vemos. O principio as pezas que ian traendo os rapaces servian como medio complementario para as ensinanzas do mestre, ata que a colección foi crecendo servindo de base para a creación do museo que hoxe podemos disfrutar. Do que foi a escola ainda quedan no museo varias mostras ademais do edificio, como poden ser un dos pupotres orixinais e que serviron de primeiras vitrinas.


Na parte practica do obradoiro prentedemos crear unha paxina web que recolla a memoria de ese edificio cando era escola. Dende que foi construido coma escola Indiana porla familia Montenegro ata que se transformou nun Museo. Será un traballo colectivo realizado por todos os participantes nos obradoiros dos diferentes museos. Comezarán o traballo no Museo do Mar, seguiran no de San Paio e reamatarano no Pazo de Tor. O proxecto comprende a creación dun Museo Escola Virtual que perpetue a Memoria da vella escola para que non se perda e poida ser desfrutado por todos os que non a coñeceron ou por aqueles que queiran recordala

Agradecemento a Familia Fontán

Presentamosvos hoxe unha nova aportación que nos envian dende a Fundación Domingo Fontán. Queremos dar as grazas por este tratamento tan próximo que nos adica tanto a asociación como a familia do insigne humanista galego D. Domingo Fontán. Nunca nos cansaremos de ensalzar a figura de tan ilustrisima persoaxe do noso pais, e do que temos a sorte de contar cunha das copias da súa Carta Xeométrica de Galicia. Podedela visitar no Pazo de Tor dentro dos horarios de visita. Moitas grazas por esta foto que publicamos con toda a admiración pola sua figura.

Hoxe teremos unha actividade de AFAMON .-http://www.afamon.com/


BENVIDOS A AFAMON
( Asociación Familiares enfermos Alzheimer  Monforte de Lemos)
 Sinto que non lembres a miña cara. Sinto que non sorrías coma antes. Sinto que os teus días ás veces sexan sombríos. Sinto que algunhas noites teñas medo a pesar de que che colla da man…E que sinto que me mires e non me vexas. 

Dóeme que pouco a pouco deixes de ser quen fuches. Dóeme que esquezas o que un día aprendiches e me ensiñaches. Dóeme somentes poder facerche compaña…E aínda así que te sintas a soas. 
Pero loito cada día por ti, por mín. Loito porque comas. Loito porque non deixes de ser ti mesma…Loito por non perderte tan apresa. 

Perdóame, mamá, se moitas veces che reño con ou sen motivo. Perdóame se te forzo máis do debido. Perdóame se che pido que me mires. Perdóame se che pido que me escoites. Perdóame se che pido que me chames polo meu nome…Meu Deus!, perdóame por ter que decidir por ti. 
Pero hoxe e sempre quero dicirche: que me sinto orgulloso de levar os teus apelidos. Síntome orgulloso de ser parte de ti. E que te quero, aínda que ás veces non cho chegue a dicir. Quérote, agora, antes e sempre. E non te preocupes, mamá, se che voan os recordos, sempre estarei contigo para escribilos de novo e ensinareite coma cando estabas na escola e o teu corazón de nena latexará con novas forzas. 
Non te sintas soa se non coñeces a miña cara. Eu ensinareiche a mirar ata o fondo da miña alma. E buscarei ese lugar onde escapa a túa mirada…para atoparnos alí e falar de nós porque a miña vida vai nelo. Quérote, e iso ti o sabes…aínda que o esqueceras.

Óscar, marzo 2.009.

CARTA GEOMÉTRICA DE GALICIA. Dr. D. DOMINGO FONTÁN. INFORME MEMORIA DA INTERVENCIÓN DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN.

CARTA GEOMÉTRICA DE GALICIA.
Dr. D. DOMINGO FONTÁN.
INFORME MEMORIA DA INTERVENCIÓN DE
CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN. 







CARTA GEOMÉTRICA DE GALICIA.
Dr. D. DOMINGO FONTÁN.
INFORME MEMORIA DA INTERVENCIÓN DE
CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN.











 




FICHA TÉCNICA:

     Obxeto: Mapa composto por 12 gravados, montados e encolados nunha tea.
     Título: “Carta Geométrica de Galicia dividida en sus Provincias.”
     Autor: Dr. D. Domingo Fontán.
     Gravador: L. Bouffard.
     Datación: 1845.     Medidas: 235 X 245 cm.  12 folios de 61 X 81 cm.
     Situación: Pazo de Tor, Monforte de Lemos.         
     Informe e orzamento:  RST.CB.

 



             INTRODUCCIÓN

Presèntanse nesta memoria as operaciòns levadas a cabo nas tarefas de conservación-restauración a que foi sometida a “Carta geométrica de Galicia dividida en sus provincias” do Dr. D. Domingo Fontán.
O estado de conservación deste mapa era bastante precario. Os principais danos e problemas que presentaba eran:

-  Gran cantidade de po e sucidade superficial.
-  O papel estaba moi debilitado cunha gran perda das propiedades mecánicas.
-  Restos de colonias de fungos de coloración azulada cubrindo toda a superficie.
-  Moitas e intensas dobreces, enrrugas, deformacións estructurais, rotos, desgarros e    
   abrasións.
-  Importantes lagoas con pérdida de soporte. As principais, por causa dun 
   incendio, na parte inferior esquerda.
-  Grandes zonas desencoladas e separadas da tea de soporte.


INFORME DA ACTUACIÓN.

As labores de conservación-restauración levadas a cabo no mapa foron as que siguen:





-  Limpeza mecánica superficial da peza.
-  Desencolado e separación da tea de soporte e dos 12 folios que forman o
   mapa.
-  Lavado e desacidificación dos documentos engadindo unha reserva alcalina
   que os protexa no futuro.
-  Tratamento para consolidar e devolver ó papel, na medida do posible, as
   propiedades mecánicas perdidas.
-  Tratamento funxicida curativo- preventivo.
-  Reforzo das abrasións e sutura dos cortes e desgarros.
-  Reintegración matérica do soporte mediante inxertos de papel xaponés.
-  Planchado, alisado e estabilización dos papeis.
-  Reintegración cromática dos inxertos realizados.
-  Remontaxe dos papeis sobre novo soporte de tela e posteriormente encolado de  
   esta tea nun soporte rixido con bastidor.
     -  Capa final de protección
        

                                            



MAREMAGNUM DE CULTURA-PROXECTO DE PRÁCTICAS DE CRISTINA BARREIRO

FOLLAS NOVAS,NOVAS FOLLAS-PAZO DE TOR

http://www.wix.com/redemuseistica/follas-novas

Mesa Redonda no Pazo de Tor; "A Arte de ser Muller nun mundo por compartir: Muller e accesibilidade"


Onte no Pazo de Tor tivemos unha mesa redonda onde tratamos o tema da Muller e a descapacidade dentro do programa "A arte de ser muller nun mundo por compartir"  aquí vos deixo unha pequena mostra gráfica do que deu de si esta xornada .




  .

artística en blog: Actividade nos museos de Lugo

artística en blog: Actividade nos museos de Lugo

DIA MUNDIAL DA POESÍA,NA REDE ADICAMOLO A ROSALÍA E O PROGRAMA CHAMASE: FOLLAS NOVAS,NOVAS FOLLAS

Día Mundial Poesía na Rede Museistica de Lugo,Follas Novas,Novas Follas, Rosalia,
View more presentations from Encarna Lago.

“As viúdas dos vivos, as viúdas dos mortos” Emigración: carraxe universal. O desmembramento, o trauma e a perda son un comezo onde buscar un elemento de unión entre xéneros e culturas. Unha galega, un filipino, un bosnio, unha mexicana, unha ghanesa, un palestino:   pais que non teñen fillas e fillos que non coñecen nais. Diásporas humanas, sen xénero xa. Todas pateira e todos “espalda mojada” . Na loita pola oportunidade, pola mellora, polo presente, polo futuro mellorando o pasado é onde medra a conversa común  afianzada. Dende o esforzo e a superación da penuria.  Dinámicas que igualan condicións e so entenden de persoas. Comunidades que procuran poder escoller viaxe en liberdade no canto de marchar por obriga. Comunidades criando nenos e nenas horizontais, que miran de igual ao  do  carón. Nin cara o cumio  dende abaixo; nin  cara a base dende o alto.  Orfos e orfas sementando nos campos de soidade forzada para que en calquera lugar incen  mans que amarren e misturen  culturas e xéneros para turrar polo común.  Follas Novas que dan lugar a novas follas.(Brais García)

Dia da Muller

Video de Radio Tor en directo.

Quixemos colgar un pequeno videoresume realizado durante a realización do programa Radio Tor para que vexades como se xesta este programa no Pazo.





Novo video, Viaxe o Parnaso de Tor

Xa podedes disfrutar do video do Viaxe o Parnaso de Tor no canle do Pazo en Youtube. Aqui vos deixamos o enlace:


Segundo Programa de Radio Tor





SOMBRA DE SONOS NO BOSCO.UN BERRO POLA LINGUA

VIDEOCREACIÓN ... SOMBRAS DE SONOS NO BOSCO: UN BERRO POLA LINGUA .... PARTICIPA!!! from Encarna Lago on Vimeo.

ESTATISTICA MES DE XANEIRO 2010 MUSEO PAZO DE TOR-




PRECISAMOS MAIS COMUNICACIÓN E INFORMACIÓN . PRECISAMOS MELLOR SINALIZACIÓN . PRECISAMOS O BOCA A BOCA TAMÉN PARA QUE A XENTE COÑEZA ESTE FERMOSO MUSEO.

NOS INTENTAMOS MELLORAR AXUDANOS TI TAMÉN É O TEU MUSEO!!!

Benvidos a Radio Tor

Radio Tor comeza a emitir dende xa con este primer programa feito por rapaces e para rapaces. Disfrutadeo e recordade que no noso canle de ivoox podedes descargalo e escoitalo nos vosos mp3, tanto este programa coma os de Radio Museistica dos nenos do Museo do Mar.

Ir a descargar

Radio Rede despega!

Radio Rede, a Radio dos rapaces do Museo do Mar comeza a emitir desde xa. Aqui vos queda o primeiro programa dos moitos que esperamos facer.



HELENA VILLAR JANEIRO RECITANDO NO CUARTO DA SEÑORA DE TOR

Video dos actos de apoio a curta "O labirinto ario" nos premios Mestre Mateo

Actos de apoio a curtametraxe "O Labirinto Ario" no Pazo de Tor. from Rede Museistica de Lugo on Vimeo.

UXIO NOVONEYRA NO CUARTO DE CONVIDADOS NO MUSEO PAZO DE TOR

A CURTA O LABIRINTO ARIO SUBVENCIONADA POLA AREA DE CULTURA E RODADA NO PAZO DE TOR OPTA OS MESTRE MATEOS


PROGRAMA DE APOIO Ó LABIRINTO ARIO ÓS PREMIOS MESTRE MATEO


A VOZ DO PAZO DA A BENVIDA Ó ANO UXIO NOVONEYRA-UN BERRO POLA LINGUA



For more widgets please visit www.yourminis.com

MAÑÁ DÍA 19 DE XANEIRO...

Os visitantes.


Visitas nos nosos fogares. Visitantes que se converten en convidados. Moitas fugaces, rematan no día. Outras son máis longas e fan noite ou noites onde nós. Quen pode, ten un cuarto libre que renace nestas ocasións, que surxe e completa a casa. No Pazo de Tor temos un deses cuartos Guadiana. Nel fixeron noite amigos da familia, visitantes que se acubillaban para descansar despois de ter parrafado, paseado e enchido o bandullo coa hospitalidade das xentes de Tor.

Un dos nosos visitantes mais senlleiros de seguro tomou tempo en facer estas tres cousas. Non sería tolemia aventurar que tamén encheu mente e corazón, collendo nos seus salóns e dependencias folgos espirituais que empregaría nos seus escritos. Estamos a falar de Uxío Novoneyra.

Co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano 2010 ao grande debullador dos paisaxes do Caurel; a Rede Museística Provincial gustaríalle poder pór en marcha unha actividade que terá como contido entre outros da proxección animada dun conxunto de textos , até o 17 de Maio. Neles hannos mostrar aspectos da vida e obra de este home de Moreda, tendo sempre presente a súa relación persoal co Pazo de Tor e os seus habitantes. Esta vai ser a homenaxe que a Rede fará a este poeta que nos deixou na súa obra recunchos líricos, sonoros e fermosos de única feitura.

Por todo o mencionado

Mª Encarnación Lago González Xerente da Rede Museística Informa

Debido a relación de Uxío NovoneYra tan estreita co Pazo de Tor e o achádego de material inédito seu no propio Pazo.

Propoñemos que o Pazo de Tor sexa o punto de saída ou inicio das actividades PROGRAMADAS POLA ÁREA DE CULTURA PARA O Ano de Uxío Novoneyra.

Para elo propoñemos :

1º UN ACTO SIMBÓLICO O PRÓXIMO DIA 19-1-2010: a posta en marcha dunha CONTA ATRÁS DO ANO UXÍO NOVONEYRA

Comezará o 19 de Xaneiro, por coincidila data do seu nacemento, coa do legado DO Pazo Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO E TAMÉN A DO PASAMENTO da súa amiga Dona María Paz Taboada, TITULAR DO INMOBLE ATÉ ESE DÍA. rematará o 17 de maio día das letras Galegas.





2º unhA Proxección animada. Terá lugar no cuarto de convidados. será dinámica, estará viva. Mes a mes iranse incorporando textos e distintas testemuñas. As aportacións virán tanto de distintos autores como de persoas que con el se relacionaron.

3º O longo do ano, o propio pazo (na voz de Paco Nieto) dará a benvida aos nosos visitantes con dous contidos básicos:

• anuncialas novidades mensuais da proxección animada da habitación de convidados

• pedilo apoio dos visitantes á nosa língua.



4º O día 17 de maio obsequiarase a tódolos visitantes dos Museos da Rede co Poema dedicado por Uxío Novoneyra ao Pazo de Tor



5º BOTELLA AO MAR: UN BERRO POLO FUTURO DA LINGUA GALEGA



dende a posta en marcha da conta atrás os catro museos da Rede museística provincial porán a disposición do público, especialmente para o alumnado, unha botella na que recoller mensaxes de esperanza para o futuro da lingua galega.



O luns, 18 de maio (Día Internacional dos Museos), todas as mensaxes serán trasladadas ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao para que os participantes no obradoiro “Botella ao mar” as liberen entre as ondas, que son ronsel de futuro e de esperanza, CONTINUANDO UNHA iniciativa de defensa do noso idioma.

NORMAS VISITA O PAZO DE TOR

NORMAS XERAIS PARA AS VISITAS AO PAZO DE TOR: Por cuestións puramente de estratexicas vencelladas ó montaxe do museo precisouse no seu día poñer estas normas.

 

 

ACCESO



O Pazo de Tor    se podará visitar en grupo e acompañado en todo momento da correspondente guía.

Os visitantes concentraranse á entrada do pazo con antelación ao horario de visitas.

O grupo de visitantes non excederá de quince persoas, sen límite mínimo.

Os grupos escolares deberán concertar previamente a visita.

Establécense catro quendas de visitas por día (de martes a domingo) de acordo co seguinte horario

MAÑÁS:

1ª quenda: Ás 11,00 horas
2ª quenda: Ás 12,30 horas


TARDES:

1ª quenda: Ás 16,30 horas
2ª quenda: Ás 18,00 horas


PROHÍBESE:

-          Entrar nas dependencias do pazo portando bolsas, paquetes ou outros vultos.
-          Entrar nas dependencias do pazo portando paraugas ou outros obxectos que, a xuízo da guía, supoñan algún perigo para as obras expostas.
-          Entrar con calquera tipo de animais.
-          Facer ruídos, alborotar, correr polas salas, patinar ou calquera outra acción que poña en perigo as obras expostas, as instalacións ou moleste os demais visitantes.
-          Tocar os obxectos expostos.
-          Facer reportaxes (fotografía e vídeo) de vodas ou calquera outro tipo de celebracións.
-          Fumar na totalidade do pazo.
-          Comer, beber ou acceder con alimentos dentro do pazo.
-          Tirar lixo.


PROHIBESE, AGÁS CON AUTORIZACIÓN EXPRESA:

-          Facer fotos ou filmacións no interior do pazo.
-          Realizar apuntamentos ou debuxos das obras expostas e das instalacións.

NOTA

A interpretación e aplicación destas normas corresponde ao persoal do Paso.

OLLO! INTERNET E NENOS


MAPA DE FONTAN DO PAZO DE TOR


Atopamos fai escasos días o Mapa de Fontán entre os fondos do Pazo de Tor . 
Estamos traballando para levar a cabo a restauración da peza: facendo limpeza,desinsectación,consolidación e reintegración de zonas dañadas.
Cumplindo así a función que como museo temos  de conservar o legado recibido nas mellores condicións. 
FICHA TÉCNICA

     Tratase dun : Mapa composto por 12 gravados, montados e encolados nunha tea.
     Título: “Carta Geométrica de Galicia dividida en sus Provincias.”
     Autor: Dr. D. Domingo Fontán.
     Gravador: L. Bouffard.
     Datación: 1845.     Medidas: 245 X 245 cm.  12 folios de 61 X 81 cm.
     Situación: Pazo de Tor, Monforte de Lemos

ESTATISTICA 2009


TIRANDO DO FIO .. FERRADO , FANEGA, CAÑADO REAL ¿ CÓMO VAS PAGAR O FORO?

Acompañados de Fina, que estará fiando.  En torno  á chimenea do pazo de Tor , seguindo o   vello  costume de xuntárense familias e veciños para botar contos, relatar historias e entoar  cancións dende fai catro anos sempre na mesma data nos xuntamos  polo Nadal nos museos da Rede para poñer fin as actividades de Nadal no Museo Pazo de Tor.
Alfredo de Chantada Films, Angelita e amigos, nenos e avos da zona achegaranse esta tarde a merendar un chocolate no Pazo de Tor.
 Ás cinco e media falaremos dos ferrados, das fanegas en cada zona ....en España dende 1849 adoptouse o Sistema Métrico Universal mediante a Ley de Pesas e Medidas, a peseta empezou a usarse en 1868 e os foros non se extinguiron definitivamente hasta un decreto ley de 1926.
 Pero.... ainda hai xente en Tor que lembra as rendas que pagaba que paga rendas ..... e outras historias

MAÑA DIA 2 RADIO REDE PAZO DE TOR DARA A COÑECER NOVAS SOBRE UXIO NOVONEYRA Y O PAZO DE TOR

O grupo de prensa infantil e xuvenil do Pazo de Tor realizará mañá o Programa de Radiorede - Obradoiros de Nadal entre as 12,30 e as 13,30.
 Logo de traballar a organización das distinta seccións, distribución de traballo entre  locutores e colaboradores pasarán a publicidade. Seleccionaron o Viño da Ribeira Sacra como producto a   publicitar da zona logo de entrevistarse con Jose Manuel Rodríguez Presidente do Consello Regulador.
Un programa que contará mañá  con corresponsais infantiles doutros Museos da Rede : San Paio de Narla e Museo do Mar e dende Guitiriz conectarán  Manuel  e Clara .

O equipo adiantounos durante VIDEOREDE II  que  terán novas importantes vencelladas o Pazo. Entre outras.
 - Darán  a coñecer a posta en marcha   dun conta atrás no blog do Pazo de Tor dende o día 19  de xaneiro (data de nacemento de Uxío)  ata o día 17 de maio ( Día das letras galegas) : Uxío Novoneira e o Pazo de Tor con distintas actividades vencelladas o Pazo de Tor e aportacións de distintos persoeiros da actualidade cultural galega.

 Tamén darán conta en primicia  do nome dos integrantes do equipo que  de forma desinteresada colabora dende fai tempo no proxecto de promoción do Pazo. Este proxecto coordinado dende a Xerencia da Rede Museística chamámolo  : UXIO NOVONEYRA NO PAZO DE TOR 

Un amplo proxecto que se sumará os importantes iniciativas que dende a Area de Cultura da Deputación  de Lugo  se están preparando .

LATEXOS DO LIBRO DE VISITAS: será un proxecto onde  O Pazo contaranos  en primeira persoa   quen deixou pegadas naquela habitación de convidados ...
  .
 Pero mañá darán unha importante nova  ....os nenos darán  conta radiofonicamente ós ointes dun material inédito atopado no Pazo de Tor sobre Uxío Novoneyra: correspondencia, poemas, fotografías...
Falarán da montaxe da exposición comisariada  no verán por  Olalla e Carla que foi visitada por Luz Pozo Garza fai seis meses.

OUTRAS NOVAS:
- Atopado recentemente un mapa de Fontán no Pazo de Tor que será enviado a restaurar.
-Daremos conta sobre a conservación da colección de guarnicionería.
-Os nenos falarán e valorarán a memoria de actividades do Pazo no ano que rematou.
-Debate temas de interés xuvenil e infantil.


Bueno .... espero que os ointes lles resulte de interés. Na imaxen  unha primicia da documentación atopada Uxio e Dona María Paz Taboada a persoa que dona o  Pazo de Tor a Deputación Provincial de Lugo.