O Museo Pazo de Tor está de Aniversario.

A Rede Museística Provincial de Lugo está de en hora boa! O Pazo de Tor cumpre 7 anos como museo. Queremos celebralo cun acto moi especial. Pombas mensaxeiras levarán a nova ata Lugo, como xesto de convite á sociedade e celebrar que o 13 de xullo de 2006 comenzou este proxecto de museo de todos e para todos.
As pombas mensaxeiras foron moitas veces portadoras da esperanza e da ilusión ao longo da historia da humanidade.
O acto contará tamén coa inauguración do proxecto “Fogares de crianza” da man da artista lucense Carmen Llonín, seleccionado para o programa “Diálogos coa Rede” inserido no proxecto EnREDarte, convocado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial.

O domingo, 7 de xullo ás 12 horas da mañá inauguraremos o proxecto artístico “Fogares de Crianza”, de Carmen Llonín, e logo as pombas levarán unha mensaxe de ilusión polos proxectos comúns, que enriquecen a sociedade e enchen de esperanza estes momentos difíciles.
Antonio Muñoz Sagasta, membro do Clube Colombófilo Muralla de Lugo, impartirá unha charla sobre o mundo da colombofilia no pasado e no presente. Ao remate Antonio Muñoz levará a cabo a colocación das mensaxes* e a solta das pombas.
*Mensaxe: “Quedamos o 13 de xullo ás 19:00 horas no Museo Pazo de Tor, xa leva 7 anos de andaina. Estaría ben xuntarnos para compartir recordos, anécdotas do Pazo, proxectos e botar un baile con Jotinho’. Contamos contigo!”

O noso agradecemento ao Clube Colombófilo Muralla de Lugo pola súa colaboración e a Antonio Muñoz Sagasta, pola súa colaboración.