Obradoiro "A la en Tor: da rapa ao tecido"

Este sábado tivemos no Pazo de Tor unha visita do Clube Pequeamigos. Os nosos rapaces viron cómo se rapa unha ovella e como facían os nosos antepasados para aproveitar a la: lavámola, cardámola, aprendemos cómo se fiaba e ata vimos cousas que se facían con ela, como unha colcha, calcetíns ou unha chaqueta. Foi unha mañá intensa que nos abreu o apetito, así que despois de tanto traballo, a papar!