Programa de actividades verán 2011


Pazo de Tor
(REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO)
Enrédate con nós
Verán 2011



A evolución das novas tecnoloxías puxo ao noso alcance ferramentas que fan posibles soños. Estas ferramentas posibilitan unha retroalimentación informativa sen precedentes. O modelo de xestión da información e acceso a contidos está agora dirixido por nós mesmos mediante Blogs, canles de TV y Radio en streaming, subscripcións RSS etc. Isto, xunguido á inmediatez e facilidade de difusión das redes sociais, conforma un escenario no que museos e demáis institucións culturais públicas, debemos saber tirar proveito de todas estas ferramentas para poder cumplir o noso fin como espazo público. Achegarse ao usuario non é suficiente, agora queremos que participes dun espazo que é teu e que está a túa disposición.
"Enredate con Nós" e o lema da proposta deste programa de actividades, que pretende enredar, enlear, envolver, engaiolar, enganchar, comprometer..., pór en rede a todos e todas. Propoñemos e tamén agardamos propostas; queremos suxestións, ideas ou proxectos. Trátase de democratizar o acceso á cultura, facer real o dominio público, das infraestructuras e equipamentos culturais: quen teña un proxecto veña e poda levalo a cabo nun espazo que é noso, de todos, teu.

COMEZA O VERÁN NOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA
7 de xullo de 2011
18.00 h.: Inauguración da exposición “Documentos con memoria”. (Do 7 ao 31 de xullo)

18.30 h. : Presentación das Xornadas “Museos: as redes sociais como xeneradoras de cambios”,  por Encarna Lago González.

19.00 h. : Presentación e reunión das artistas participantes no proxecto “A arte de ser muller nun mundo por compartir: Que ves cando me ves?”.

19.30 h. : Presentación do proxecto “Espazo público de visibilidade”.
           
OBRADOIROS PARA RAPACES E RAPAZAS: O son de Tor
19 de xullo de 2011
Concerto-obradoiro
MestreAndrés Díaz
Obxectivos: Dar a coñecer o mundo da música antiga e dos seus instrumentos a través dos exemplares de instrumentos antigos de tegra que forman parta da Sala de Música do Pazo de Tor.
Horario: de 11:00 a 13:30 horas.
Prazas: 20
20 de xullo de 2011
Obradoiro de pequenos instrumentos da nosa música tradicional
Mestre:  Xavier Blanco.
Obxectivos: Faremos unha montaxe de instrumentos despezados (semiconstrución), aprendendo a tocalos.
Horario: de 11:00 a 13:30 horas.
Prazas: 20

24 e 25 de agosto de 2011
Actividades con códigos QR, graffitis e música hip hop. Xogo de realidade alternativa
Obxectivos:  Nesta segunda parte de “O son de Tor” abarcaremos os ocos dos sons actuais e todo o relacionado con eles. Falaremos da cultura hip hop, tocando varios aspectos desta. Como remate, os rapaces participan nun xogo de realidade alternativa no que terán que desvelar un misterio coa axuda das novas tecnoloxías e do seu enxeño.
Horario: de 11:00 a 13:30 horas.
Prazas: 20

OBRADOIROS PARA MAIORES
20 de agosto de 2011: Álbum da memoria compartida
Obxectivos:  Traballar coa memoria e as reminiscencias: a primavera, o verán, o outono e o inverno da vida. Rematamos a actividade facendo unha fornada de pan.
Horario: de 10:00 a 14:00 h.

PROPOSTAS PARA FAMILIAS: ROTEIRO IRMANDIÑO
6 de agosto
Viaxe ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, onde nos xuntaremos cos viaxeiros procedentes do Museo Provincial do Mar, San Cibrao. Poñeremos en práctica as nosas capacidades e habilidades para recrear as guerras irmandiñas.
Prazas: 40.
Inscricións: Pazo de Tor

I XORNADAS: MUSEOS, AS REDES SOCIAIS COMO XENERADORAS DE CAMBIOS
Venres, 26 de agosto
Pola mañá participará Araceli Corbo responsable da Biblioteca – Centro de Documentación do MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León.

16:00.-Mesa redonda: Museos, as redes sociais como xeneradoras de cambios.

EXPOSICIÓNS
A arte de ser muller nun mundo por compartir: Que ves cando me ves? (do 1 de agosto ao 30 de setembro)

Vídeo-proxección: Oficios e mulleres de aquí e de acola (do 1 de agosto ao 30 de setembro de 2011). Cuarto de convidados.

Documentos con memoria (do 7 ao 31 de xullo de 2011). Mostra bibliográfica, fotográfica e documental producida polo Museo Provincial de Lugo.

CONCERTO
26 de agosto, ás 20:30 h.
Espazos sonoros 2011: O artilleiro da batalla de Elviña, por Canto romántico. (Lucía Vázquez, soprano, Antonio Santos, barítono, Yonit Kosovske, fortepiano, e Julián Navarro, guitarra romántica). Recrea a historia de amor entre un artilleiro francés e unha moza galega.

MUSEOLOXÍA SOCIAL
23 de setembro, 11:30 horas
Reunión cos colectivos afectados e presentación das memorias e novas iniciativas do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade.

POLAFÍA NO PAZO
Sábado, 22 de outubro ás 18:00 h.
Reunión para contar e cantar, e para chocolatear, rememorando a tradición oral e musical da comarca de Lemos. Actividade organizada pola Sección de Literatura Oral da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)

VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS
Itinerarios en feminino
Todos os domingos do verán, ás 12:00 h.
Visitas guiadas habituais: De martes a domingo: ás 11, 12:30, 16:30 e 18 h.

NOTA IMPORTANTE
A inscrición para as actividades que a requiren é gratuíta e poderá formalizarse a partir da data de publicación desta convocatoria no propio museo.
O prazo rematará cando se cubran, por rigorosa orde de inscrición, as prazas convocadas.
No caso de non se reuniren as inscricións suficientes para realizar algunha actividade (ou por causas de forza maior) poderá suspenderse algún dos obradoiros, circunstancia que se lles comunicará oportunamente ás persoas directamente afectadas.
No suposto que alguén decida non asistir a algún dos obradoiros nos que estea inscrito, prégaselle que lle comunique ao Museo esa incidencia para posibilitar o acceso das persoas en reserva.

Museo Pazo de Tor
San Xoán de Tor / 27591 Monforte de Lemos (Lugo) / Tfno.: 982 165534 / pazodetor@museolugo.org / xerencia@museolugo.org / www.museolugo.org.

Horario de visitas: De martes a domingo (visitas guiadas ás 11, 12:30, 16:30 e 18 h. Permanecerá pechado os luns e os días 1 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro. Entrada gratuíta

Xerencia da Rede Museística
Tfno.: 982 165534 / xerencia@museolugo.org