"Arte e Natureza no Pazo de Tor"

Esta semana inaugurouse no Pazo a exposición "Arte e Natureza", unha mostra que se engloba dentro do programa Eredarte da Rede Museística Provincial. A mostra ven precedida dun simposio que se celebrou os días 28 e 29 de xullo e no que participaron artistas e expertos do landart coma Fernando Casás, Ruth Montiel, Alberto Ruiz de Samaniego, etc...

A segunda parte do proxecto foi unha residencia artística no que participaron 12 artistas que conviviron e crearon en Tor as súas obras durante a semana pasada. As obras quedarán e formarán parte da paisaxe de Tor e podedes visitalas dende este pasado martes. Pero non tardedes xa que algunha delas acabará por ser integrada pola natureza. Aquí vos deixamos un díptico explicativo cún mapa para localizalas.