AconTecendo, exposición colectiva

AconTecendo inclúese no proxecto “ENREDARTE: Espazos públicos de Visibilidade” da Rede Museística Provincial, dentro do Programa “Mulleres en / para / por / /desde / ante a Rede Museística”. 
AconTecendo é una mostra colectiva comisariada por Noemí Cobas na que, empregando o téxtil como medio, preténdese cuestionar os roles de xénero impostos na nosa sociedade dende fai séculos. Partindo da rica historia do téxtil no mundo da arte, que vai dende os antigos tapices ata o uso de feltro nas obras de Beuys, os artistas recollidos nesta mostra empregan a sua maneira de ver o arte para ofrecer un novo punto de vista deste medio e do papel da muller, non so na nosa sociedade, senón no mundo do arte.