RECUPERANDO COLECCIONS


INICIO DE ACTIVIDADES NADAL PAZO TOR

Hoxe iniciamos o deserolo de actividades no Pazo de Tor.
Obradoiro de Restauración
Obradoiro de Sensacións: -500 anos de latexos do Pazo
Obradoiro Nos e os Outros.

ESTAMOS RECUPERANDO E CUIDANDO OS NOSOS FONDOS


LISTADO DE PALABRAS RELACIONADAS CON GUARNICIONERIA E ENGANCHES

RELACIÓN CON COLECCIONS DO PAZO DE TOR



Bo Nadal


En nome de todos os que traballan na Rede Museística
Felices festas e prospero ano 2010. Graciñas por seguir o noso blog.


Autorizacion para as actividades de nadal no Pazo de Tor

Podedes descargar aqui a autorización para as actividades de Nadal no Pazo de Tor. Esta autorización é para poder publicar en internet o resultado dos obradoiros audiovisuais que fagamos nestas datas. Para descargalo so tedes que pinchar no enlace e logo darlle a descargar o documento (Download) un saudo a todos e ¡Felices Festas!

CAMPAMENTOS DE NADAL: PROGRAMACIÓN

29 de decembro: Aprendemos a vivir xuntos.

Este primeiro dia adicarémolo a dar unhas nocións teóricas do que se vai a facer os diferentes días do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.

- Obradoiro de restauración: Contaremos coa presenza de Xosé Ramón Lleó Fissure que é a persoa que esta recuperando todo o material relacionado coas cabalerizas de Tor. Os Rapaces verán como e o proceso de recuperación de Cadeiras de coiro de cabalos e todos os aparellos vencellados a ese mundo. Verán cales son os pasos a seguir desde que se entra en contacto coa peza a recuperar ata que se expón no museo.

- Cincocentos anos de Latexos do Pazo de Tor: Vivimos inmersos nun mundo netamente visual. O cine, a fotografía e incluso a pintura mais sobre todo a Televisión, so referentes visuais que non só están a desprazar a cultura sonora se non que en moitos casos a están a extinguir. Neste obradoiro de arqueoloxía sonora descubriremos e analizaremos como cambiou a paisaxe sonora do Pazo e o seu entorno dende os tempos feudais ata agora que é un Museo. E demostraremos que existe unha riqueza sonora infinita cando un se para a escoitar.



30 de decembro: Redes de Historias: Obradoiro Literario e de Ilustración.

Romances, lendas, parrandas, paixoliñas, cantos de cegos. Aprenderemos que son e porque se cantaban. O Pazo de Tor alberga entre os seus muros moitas historias. Historias de tódalas personas que nalgún momento estiveron nel vivindo ou simplemente de visita. Con esta visita recorreremos as distintas salas do pazo e os seus arredores coñecendo a diferentes personaxes que estiveron vencellados o mesmo, en maior ou menor medida, o longo do tempo. Todo dende unha testemuña en primeira persoa dun deles que viviu dende os nove anos nel. Coñeceremos como eran e que papel desenerolaron a cociñeira, o camareiro, os caseiros, os señores e terminaremos en Mari Paz Taboada que ca súa decisión altruísta legounos todo este patrimonio a todos.

E Pola Tarde: Videorede II:Embaixadores e Informantes do seu entorno.

Seguimos coa actividade iniciada nos campamentos de Verán na que fixemos fincapé nas novas tecnoloxías orientadas a difusión do patrimonio. Nesta ocasión os rapaces converteranse en reporteiros, embaixadores e informantes do seu entorno. Quedaremos en Monforte e os nenos entrevistarán os seus concidadáns, coma xa fixeron os rapaces do Museo do Mar no Verán. Este e un paso previo a creación dun gabinete de información infantil que se xuntará periodicamente para informar os seguidores de Videorede por internet das suas inquedanzas e do seu Patrimonio. Unha experiencia pioneira a que proximamente se sumarán Museos de diferentes puntos de España e do Mundo.



2 de xaneiro: Aprendemos a Ser... Difundindo o Patrimonio

- Durante o desenrolo do curso, como resultado dos coñecementos adquirios realizarán un programa de radio. Servirá para a reflexión e a creacion de contidos patrimoniais propios(patrimonio que recibimos, patrimonio que transmitimos).O programa será colgado en internet e poderá ser escoitado polo público en xeral mediante o sistema de poscast.

- Tirando do Fio: Xa pola tarde, un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos diferentes sistemas de medición agraria. A Fanega, o Ferrado, o Canado… Tamén falaremos do antigo sistema de pago, o Troco. Un sistema que se esta a recuperar nalgúns sitios debido a situación de crise que se vive actualmente.




OBRADOIROS CAMPAMENTO DE NADAL





Dixitalización sons: Estudio Móvil Huevo Frito (Miguel Ángel Martínez)



Idea y Texto : Brais García, Juan Ignacio Barros,Encarna Lago



Deseño ilustracións: tatata



Asesoramento bibliografico: Mercedes Salvador





Asesoramento documental: Charo Fernández






Colaboracións: Ángeles Cabana , María González, Manuel González, Francisca Abuín, Ana Ferro, María Fe Fariñas ,Amelia Pernas, Cristina Fernández, Silvia Fiallega,Cristina Barreiro,Raquel Guerrero,Matías Linares, Sara Herrera, Rubén Pérez , Marta Crespo, José Ramón, Alfredo Perez, Paco Fra, Francisco Javier Rivera, Pepe Rey, Clara Rodríguez,Lara Fernández,Anastasia Rodríguez,Francisco Fernández.

Campamentos de Nadal 2009: FILOSOFIA DE TRABALLO

Aprendendo a ser, a facer, a coñecer e a vivir xuntos

INTRODUCCIÓN:
Dende a Rede Museística tiñamos claro que neste ano 2009, no que se está a festexar o Ano Europeo da Creatividade e a Innovación, e coa vista posta xa no ano 2010, no que se festexará o ano Internacional de Achegamento entre Culturas, debiamos centrar as actividades de Nadal sumándonos a estes dous festexos.

O novo concepto de museo coma unha institución activa e participativa desbancou o concepto clásico de almacén de obxetos fai moitos anos. Pero na actualidade estase a instaurar unha nova corrente tan errada como a anteriormente citada, a do museo coma ludoteca. Temos claro que non podemos caer nese erro e por iso no deseño das actividades o factor lúdico non pode supeditar a outros factores mais correctos como o didáctico ou o participativo. Un museo participativo é un museo activo.

As novas tecnoloxías son un medio perfecto para traballar con didáctica en museos. Por un lado ofrecen a posibilidade de facer cousas cunha repercusión global e por outro e unha linguaxe que os nenos comprenden e utilizan habitualmente. Por iso, aproveitando ese interese crecente dos rapaces polas novas tecnoloxías dirixiremos o seu uso cara o fomento de valores que garanten a posta en valor do seu patrimonio, e non só do patrimonio local de cada museo se non de todos os museos da rede e dos entornos nos que se atopan. Que tendo en conta a localización estratexica de cada museo da rede ( Mariña, Centro, Ribeira Sacra) estariamos falando de toda a provincia indo do local o global. No deseño tamén tivemos isto en conta e fomos do particular o global, deseñando unhas actividades cuns obxetivos comúns a todas elas pero que por si soas teñen obxetivos únicos.

METODOLOXIA:

Deseñamos tres días de obradoiros interxenaracionais considerando as categorías de aprendizaxe presentes nas tendencias sobre a educación no século XXI, propostas pola UNESCO : aprendendo a ser, a facer, a coñecer e a vivir xuntos.

Pensamos que estas directrices engloban perfectamente o espírito que queriamos por en valor cos campamentos e por iso baixo él englobamos todos os obradoiros.

As datas dos campamentos nos diferentes museos son:
- Museo Provincial do Mar: 19, 26 e 28 de decembro
- Museo Pazo de Tor: 29, 30 de decembro e 2 de xaneiro.
- Museo Fortaleza San Paio de Narla:7,8,9 de xaneiro.
Os horarios serán de 11 a 13,30 todos os días agás:
- Dia 19 e 26 de decembro, Museo Provincial do Mar de 12 a 13, 30 e de 18 a 21.
- Dia 9 de xaneiro, Museo de San Paio de Narla de 12 a 13,30 e de 17,30 a 20.
- Dia 2 Museo Pazo de Tor de 12 a 13,30 e de 17,30 a 20 e o dia 30 de 16 a 18
Os campamentos están dirixidos a nenos de entre 6 e 14 anos e contarán con 15 prazas para todos os dias agás Tirando do Fio que contara cun limite de 40 prazas.

OBXETIVOS GLOBAIS:

- Ter claro o concepto de Museo e de obra de arte.
- Aprender a aproveitar as diferenzas coma algo enriquecedor en prol da tolerancia.
- Promoción do coñecemento recíproco da diversidade cultural en interxeneracional.
- Promoción do entorno patrimonial, tanto material coma inmaterial.
- Coñecer e usar as novas tecnoloxías para explorar e aprender as costumes que se están a perder.

OBSERVACIONS:

-TEREMOS TRANSPORTE DE LUGO A SAN PAIO E DE MONFORTE A TOR.
-SI TEÑEN NA CASA, QUE TRAIAN CAMARA DE FOTOS DIXITAL.
-QUE TRAIAN BOCADILLO E ALGO PARA TOMAR A MEDIA MAÑÁ.
-FIRMA DE PERMISOS CORRESPONDENTES.
-

Blogocampaña 2009 contra la Pornografía Infantil

Dende este blog queremos aportar o noso gran de area nesta causa. Por eso enlazamos o video da Blogocampaña contra a Pornografia infatil deste ano que se está levando a cabo na Blogosfera.






Se queredes sumarvos a esta causa aqui vos deixamos o link do blog de La Huella Digital que promove a Blogocampaña:

Luz Pozo Garza recibe o premio Ramón Piñeiro

Luz Pozo Garza recibiu onte en Láncara o premio Ramón Piñeiro Facer País. A poetisa, moi emocionada, dixo que:
«Hoxe entendo que é o amor da vida e da poesía e sería incapaz de escribir en outro diferente».


Para ver a noticia completa:

Luz Pozo Garza no Pazo de Tor


A gran poetisa e proxima galardoada co premio Ramón Piñeiro Facer Pais , Luz Pozo Garza, visitou o Pazo de Tor a semana pasada.

Se sempre é un pracer recibir a todos os visitante, recibir a unha personalidade tan próxima á historia do museo é ademas un orgullo. ¿Porque dicimos isto? Pois por que o seu apelido materno, Garza, é orixinario de Tor xa que o pazo tivo por primeiros moradores aos Garza de Castillón.


Nos gustaria felicitar a Luz Pozo Garza pola concesión do Ramón Piñeiro Facer Pais do que se converteu na primeira muller galordanada.


Campamentos de arqueoloxia no Pazo de Tor

Coma todos os anos realizaranse durante 4 dias no Museo Pazo de Tor o Campamento de Arqueoloxia nos que os nenos xogaran a ser arqueologos o aprenderan as diferentes fases dunha escavación arqueolóxica. Esta actividade será o peche final ás actividades de verán organizadas pola Rede Museística no Pazo.

Presentacion do Canle Multimedia do Pazo de Tor

Presentamosvos o Canle Multimedia do Pazo de Tor no que iremos colgando os videos da Actividade Videorede. Xa temos uns cuantos pero inda iremos colgando algun mais a medida que se vaian creando. Un saudo

Actividades de Veran 2009: Videorede


Realizouse os dias 2 e 3 de Xullo o Obradoiro Videorede no Museo Provincial Pazo de Tor. Unha actividade dirixida os rapaces de entre 8 e 14 anos e que ten como obxetivo espertar a creatividade dos nenos aproveitando o alto interese que mostran polas novas tecnoloxías da información.

Os nenos realizaron traballos audiovisuais mediante diferentes dispositivos de grabación coma telefonos mobiles, cámaras de fotos e cámaras de video. Estes traballos teñen coma actriz principal a propia Rede Museística e tratan de vencellar aos nenos dos tres museos da rede mediante un dialogo activo e asincronico. Os nenos de cada museo estudan a sua historia, mostran o seu presente, e analizan o seu fututro facendo participes do proceso os nenos do resto de museos da rede mediante o Canal Multimedia do Pazo en youtube (http://www.youtube.com/user/museopazodetor).

Tamén se fomenta a idea de rede mediante a grabación de preguntas por parte de cada neno de Tor para os nenos de Narla e do Museo do Mar, e que xa se poden visionar no canal Multimedia do Pazo. Os nenos de Narla e do Mar deberán grabar Videorespostas as inquedanzas dos de Tor o dia que fagan o Obradoiro, que no caso de Narla será este Xoves dia 6 e Venres 7 e no do Museo do Mar entre o Martes 11 e Mercores 12.


Actividade ideada, deseñada, coordinada e impartida pola Rede Museística Provincial de Lugo.

Xerente da Rede Museística Provincial: Encarna Lago Gónzalez
Mestres:Encarna Lago Gónzalez, Angeles Rivada y María González.






video