CAMPAMENTOS DE NADAL: PROGRAMACIÓN

29 de decembro: Aprendemos a vivir xuntos.

Este primeiro dia adicarémolo a dar unhas nocións teóricas do que se vai a facer os diferentes días do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.

- Obradoiro de restauración: Contaremos coa presenza de Xosé Ramón Lleó Fissure que é a persoa que esta recuperando todo o material relacionado coas cabalerizas de Tor. Os Rapaces verán como e o proceso de recuperación de Cadeiras de coiro de cabalos e todos os aparellos vencellados a ese mundo. Verán cales son os pasos a seguir desde que se entra en contacto coa peza a recuperar ata que se expón no museo.

- Cincocentos anos de Latexos do Pazo de Tor: Vivimos inmersos nun mundo netamente visual. O cine, a fotografía e incluso a pintura mais sobre todo a Televisión, so referentes visuais que non só están a desprazar a cultura sonora se non que en moitos casos a están a extinguir. Neste obradoiro de arqueoloxía sonora descubriremos e analizaremos como cambiou a paisaxe sonora do Pazo e o seu entorno dende os tempos feudais ata agora que é un Museo. E demostraremos que existe unha riqueza sonora infinita cando un se para a escoitar.



30 de decembro: Redes de Historias: Obradoiro Literario e de Ilustración.

Romances, lendas, parrandas, paixoliñas, cantos de cegos. Aprenderemos que son e porque se cantaban. O Pazo de Tor alberga entre os seus muros moitas historias. Historias de tódalas personas que nalgún momento estiveron nel vivindo ou simplemente de visita. Con esta visita recorreremos as distintas salas do pazo e os seus arredores coñecendo a diferentes personaxes que estiveron vencellados o mesmo, en maior ou menor medida, o longo do tempo. Todo dende unha testemuña en primeira persoa dun deles que viviu dende os nove anos nel. Coñeceremos como eran e que papel desenerolaron a cociñeira, o camareiro, os caseiros, os señores e terminaremos en Mari Paz Taboada que ca súa decisión altruísta legounos todo este patrimonio a todos.

E Pola Tarde: Videorede II:Embaixadores e Informantes do seu entorno.

Seguimos coa actividade iniciada nos campamentos de Verán na que fixemos fincapé nas novas tecnoloxías orientadas a difusión do patrimonio. Nesta ocasión os rapaces converteranse en reporteiros, embaixadores e informantes do seu entorno. Quedaremos en Monforte e os nenos entrevistarán os seus concidadáns, coma xa fixeron os rapaces do Museo do Mar no Verán. Este e un paso previo a creación dun gabinete de información infantil que se xuntará periodicamente para informar os seguidores de Videorede por internet das suas inquedanzas e do seu Patrimonio. Unha experiencia pioneira a que proximamente se sumarán Museos de diferentes puntos de España e do Mundo.



2 de xaneiro: Aprendemos a Ser... Difundindo o Patrimonio

- Durante o desenrolo do curso, como resultado dos coñecementos adquirios realizarán un programa de radio. Servirá para a reflexión e a creacion de contidos patrimoniais propios(patrimonio que recibimos, patrimonio que transmitimos).O programa será colgado en internet e poderá ser escoitado polo público en xeral mediante o sistema de poscast.

- Tirando do Fio: Xa pola tarde, un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos diferentes sistemas de medición agraria. A Fanega, o Ferrado, o Canado… Tamén falaremos do antigo sistema de pago, o Troco. Un sistema que se esta a recuperar nalgúns sitios debido a situación de crise que se vive actualmente.




OBRADOIROS CAMPAMENTO DE NADAL





Dixitalización sons: Estudio Móvil Huevo Frito (Miguel Ángel Martínez)



Idea y Texto : Brais García, Juan Ignacio Barros,Encarna Lago



Deseño ilustracións: tatata



Asesoramento bibliografico: Mercedes Salvador





Asesoramento documental: Charo Fernández






Colaboracións: Ángeles Cabana , María González, Manuel González, Francisca Abuín, Ana Ferro, María Fe Fariñas ,Amelia Pernas, Cristina Fernández, Silvia Fiallega,Cristina Barreiro,Raquel Guerrero,Matías Linares, Sara Herrera, Rubén Pérez , Marta Crespo, José Ramón, Alfredo Perez, Paco Fra, Francisco Javier Rivera, Pepe Rey, Clara Rodríguez,Lara Fernández,Anastasia Rodríguez,Francisco Fernández.

No hay comentarios:

Publicar un comentario