REVISTA ORAL: A VOZ DOS LEMAVOS Nº2

O último número da Revista Oral adicouse "As artes do viño". Interviron: Tundal (músicas do viño), Iván Álvarez (arqueoloxía do viño), Mª del Rosario Fernández (memoria do viño), Juan Márzquez Barros (as rendas do viño); Xosé Lois García (poesía do viño); Luis Díaz (historias do viño) e Avelino García Pérez, cesteiro de Pincelo, A Sariña (Chantada), un dos últimos artesáns de cestos para o viño.

24 maio 2014













DÍA DOS MUSEOS NO PAZO DE TOR

17 maio 2014





















OBRADOIRO "CRIADOS E SEÑORES"


Hoxe fixemos un xogo de roles, no que tentamos interpretar toda a xente que vivía e traballaba nun pazo, falamos tanto de criados coma de señores.

3 maio 2014







VISITA DO COLEXIO DE SAMOS

30 abril 2014













OBRADOIRO "COCENDO A HISTORIA: COCENDO O PAN"

Hoxe, sábado 26 de abril. Levouse a cabo o obradoiro. “Cocendo a Historia: Cocemos o pan” no Museo Pazo de Tor pertencente a Rede Museística Provincial de Lugo. Nesta actividade lúdica e educativa dirixida a nenos, nenas e pais,
do Clube Pequeamigos na que participaron ao redor de 40 persoas, levaron a cabo os diferentes procesos de elaboración do pan utilizando a instalacións do Museo Pazo. O resultado foi moi positivo, xa que deu pe a compartir recordos e experiencias sobre “facer pan de forma tradicional” e os nenos descubrir por eles mesmos a elaboración de este complemento alimenticio imprescindible.





Exposición "O Apóstolo Ribera", de Fernando Yáñez

Desde onte poden verse as obras de Fernándo Yáñez na capela do Pazo de Tor, dialogando coa espiritualidade dun espazo cargado de historia e de vida. O artista parte da obra de Ribera, o pintor do tenebrismo, e das fotografías da Sabana Santa como unha forma de achegamento á espiritualidade da arte. Non deixedes de visitala!

12 abril 2014







Exposición "Galiza nun tempo de seu"

A exposición "Galiza nun tempo de seu", na que se trata de relatar dun xeito sinxelo unha parte crucial da historia medieval de Galiza, e neste caso, tratándose de Lemos, o percorrido céntrase no papel dos Castro como principal familia condal galega, que se sitúa á cabeza dunha opción política atlántica que aspira a orientar o reino de Galiza cara o seu espazo natural no plano xeográfico mais tamén no económico e social.

12 abril 2014





Visita cultural organizada desde o Concello de Ferreira de Pantón

Ontes tivemos ós máis pequenos e hoxe acompáñannos os maiores de Ferreira de Pantón, que están a disfrutar dunha boa tarde nun marco inmellorable.

10 abril 2014