Día Internacional da Muller na Redemuseística

Este xoves, 14 de marzo, dentro das actividades previstas no programa de “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4’0” comeza a desenvolverse un obradoiro colaborativo que leva por título “Mulleres en / para / por/ desde / ante .. o Museo.

As obras dos museos da Rede servirán para contar a “túa propia historia”. Coordinan: Pilar Sánchez e Encarna Lago.
Colaboran: asociación e colectivos (Afamon, Auxilia, Centro integración da Muller de Monforte, Alume, Cogami, As. de Mulleres Redeiras, As. de Amas de Casa, Mulleres Rurais …)
Máis información: mulleresnarede@hotmail.com





O Apóstolo visita os museos da Rede Museística


O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones, candidato aos Premios Goya, vai ser a protagonista nos catro museos da Rede Museística nos próximos días.

Un dos motivos é que desde o 15 de febreiro o Museo Pazo de Tor pasa a custodiar e amosar aos visitantes as maquetas dos decorados desta película; outro motivo é que esta película está nominada aos Premios Goya con opción ao Premio a Mellor Película de Animación. E a terceira e máis importante das razóns consiste en ofrecer aos nosos visitantes a oportunidade de visionar totalmente gratis este excelente filme.
Xunto coas proxeccións que se realizarán nos catro museos conforme ao calendario que se achega, tamén haberá ocasión de escoitar e partillar co seu director, Fernando Cortizo, e coa responsable da produtora, Isabel Rey, para coñecer as interioridades dunha rodaxe moi complexa.








Entroido 2013



Chegan os días de Entroido deste ano 2013, un período festivo cun calendario variable segundo a localidade, pero onde todo se revolve contra a orde establecida. Volven as máscaras e as representacións, os desfiles das comparsas, a troula e as risas. Son días de subversión e festa.

Os Entroidos que se celebran na provincia de Lugo son, moitos deles, singulares, aínda que non gocen da sona doutros entroidos galegos ou do mundo. Destacan os da Riberia de Chantada, cos seus volantes, peliqueiros e mecos; o de Salcedo, co seu Oso; os da Terra Chá, os da Mariña e os da Montaña, cos seus sermóns e xuízos, sempre complementados cunha gastronomía abenzoada coa carne de porco, cos grelos e con sobremesas de elaboración requintada. E se chega o Entroido ás nosas aldeas, vilas e cidades, tamén ten que chegar aos museos da Rede Museística. 
Nos días de lecer deste Entroido 2013 propoñémosvos a todos, grandes e menos grandes, que vos acheguedes aos museos xestionadas pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
Preparamos un amplo programa con obradoiros, exposicións, proxeccións, charlas divulgativas … sempre guiadas por especialistas, investigadores e estudosos do Entroido lucense. En todos os museos da Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Pazo de Tor) ofrecemos as mesmas actividades para que todos e todas os que así o desexen teñen na súa propia comarca a oportunidade de participar nelas.

Obradoiro O bosque de Nadal

29 de decembro de 2012

Este obradoiro deseñado e posto en práctica por Adriana Pazos Ottón comeza aló cando os nosos devanceiros decidiron adornar as árbores polo tempo do Nadal. E cada árbore ten unha historia, e cada historia pode ter unha árbore. O que che propoñemos é que veñas, que imos contar historias de Nadal, e con cada historia realizaremos o máis fermosa árbore de Nadal que sexamos capaces de facer para levala canda nós, coa nosa familia, á nosa casa.









Obradoiro Laboratorio de sombras

28 de decembro de 2012

Cada sombra agacha un misterio. Tamén o noso corpo, ao ilumínalo convenientemente, proxecta sombras, esconde misterios. Velaí a orixe do teatro de sombras que nós, neste obradoiro deseñado e posto en práctica por Adriana Pazos Ottón , imos experimentar con siluetas e coas figuras proxectadas polo noso corpo ou pola nosa imaxinación.










O Apalpador no Pazo de Tor

O polifacético activista da paz e da ecoloxía, Anxo Moure, traénos ao Apalpador desde as montañas orientais da provincia de Lugo para pedir axuda a nenas e nenos. Con maxia e contos solidarios pretende limpar o bosque e afastar ao terrible home do saco do lixo, un obstrucionista que se opón á súa principal misión, agasallar con castañas ás nenas e nenos que teñen fame. Visitounos o 23 de decembro de 2012







Laboratorio de sensancións: Outra maneira de visitar os museos


El Pazo de Tor organiza una visita al museo con una guía invidente

La jornada cierra un ciclo de actividades orientadas a las personas con discapacidad

3 votos
El museo del Pazo de Tor, en Monforte, cerrará mañana un ciclo de actividades organizado con motivo del Día Internacional de las Personas con Discapacidad que, según sus responsables, está entre las más exitosas que promovió este año la Rede Museística Provincial de Lugo. Para la última jornada se ha preparado una actividad denominada ''Laboratorio de sensacións'', que consistirá en una visita al museo guiada por Ángeles Miguélez, trabajadora invidente del departamento de didáctica de la red museística. La actividad comenzará a las doce del mediodía.
En los últimos días también se ofrecieron visitas de este tipo en los museos de San Paio de Narla (Friol) y Lugo

Exposición de marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado Paradinas


Foi exposta do 3 de decembro de 2012 ao 31 de xaneiro de 2013

A colección de monicreques e marionetas de Pedro Lavado Paradinas, que configuran o seu singular Museo Utoplía, non é só un conxunto de obxectos procedentes de todo o mundo, senón que lle engade á rareza das pezas e á súa procedencia exótica contos e lendas que forman parte da tradición oral e teatral de moitas culturas. 
Monicreques e marionetas formaron parte da versión didáctica e amena de historias do Mahabarata e do Ramayana hindú, de ritos e maxia no mundo africano, anécdotas e historietas de pícaros como Nasredin, Yehá, Guignol, Arlequín, Gorgorito, Punch Kasperle, Petrouska ou Wolf, por só citar algúns dos protagonistas máis famosos do elenco teatral e naturalmente de todas as fábulas e contos que oímos de pequenos e que nos chegaron a través das recompilacións de Fedro, Esopo, Iriarte, Samaniego, Fenelón, os irmáns Grimm, Andersen ou Perrault.
Por todo isto, esta exposición, presentada hoxe no Museo de Lugo, quere ofrecerlle ao gran público, e non só aos pequenos senón tamén aos máis maiores, unha mostra de como as historias se van adaptando aos novos tempos e creando novas personaxes, entre as que destacan as actuais marionetas de Barrio Sésamo, os Fraggle, Dora, Pocoyó, Trancas e Barrancas e outros mil personaxes habituais xa nos programas de televisión.
A exposición Marionetas e Contos do mundo, no Museo de Lugo, ofrece pezas de madeira tallada e policromadas con pan de ouro procedentes de Birmania. Outras de gran formato de Sri Lanka, unha curiosa colección de pezas de madeira, cabaza e vestidos de tela reciclados procedente de Togo, Benin e Mali. Pezas a cabalo entre o rito e a maxia e como nalgún caso usadas para os rituais tras o nacemento, coñecidas como máscaras gueledé. Hai pezas de Uzbekistán, México, checas, inglesas, alemás, francesas e españolas e, como non podía faltar nestas próximas festas, marionetas co tema do Belén e en especial as do Belén animado de Tirisiti en Alcoi, Alacante, un dos exemplos máis curiosos da tradición e patrimonio intanxible na España actual.
A colección de Pedro Lavado, que conta con máis de dúas mil marionetas e monicreques de todo o mundo, e das que aquí se mostran duascentas, busca un lugar onde asentarse definitivamente para que nenos e adultos sigan soñando con esas historias e contos.













Día internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro do 2012 plantámoslle cara ao maltrato, subindo fotos dos visitantes que lle plantaban cara ao maltrato ao seguinte blog: http://25denovembro.blogaliza.org/



OBRADOIRO: O Pazo de Tor, un museo de sensacións

O 26 de setembro de 2012 este obradoiro ao que asisten 80 persoas discapacitadas procedentes de Monterroso, Lugo e Monforte coordinadas polas asociacións AGORA, de Monforte, e COGAMI, de Lugo. Imparteu a actividade Encarna Lago, xerente da Rede Museística.

Obradoiros de Verán 2012

















Campamento de arqueoloxía