O Apóstolo visita os museos da Rede Museística


O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones, candidato aos Premios Goya, vai ser a protagonista nos catro museos da Rede Museística nos próximos días.

Un dos motivos é que desde o 15 de febreiro o Museo Pazo de Tor pasa a custodiar e amosar aos visitantes as maquetas dos decorados desta película; outro motivo é que esta película está nominada aos Premios Goya con opción ao Premio a Mellor Película de Animación. E a terceira e máis importante das razóns consiste en ofrecer aos nosos visitantes a oportunidade de visionar totalmente gratis este excelente filme.
Xunto coas proxeccións que se realizarán nos catro museos conforme ao calendario que se achega, tamén haberá ocasión de escoitar e partillar co seu director, Fernando Cortizo, e coa responsable da produtora, Isabel Rey, para coñecer as interioridades dunha rodaxe moi complexa.








No hay comentarios:

Publicar un comentario