Entroido 2013



Chegan os días de Entroido deste ano 2013, un período festivo cun calendario variable segundo a localidade, pero onde todo se revolve contra a orde establecida. Volven as máscaras e as representacións, os desfiles das comparsas, a troula e as risas. Son días de subversión e festa.

Os Entroidos que se celebran na provincia de Lugo son, moitos deles, singulares, aínda que non gocen da sona doutros entroidos galegos ou do mundo. Destacan os da Riberia de Chantada, cos seus volantes, peliqueiros e mecos; o de Salcedo, co seu Oso; os da Terra Chá, os da Mariña e os da Montaña, cos seus sermóns e xuízos, sempre complementados cunha gastronomía abenzoada coa carne de porco, cos grelos e con sobremesas de elaboración requintada. E se chega o Entroido ás nosas aldeas, vilas e cidades, tamén ten que chegar aos museos da Rede Museística. 
Nos días de lecer deste Entroido 2013 propoñémosvos a todos, grandes e menos grandes, que vos acheguedes aos museos xestionadas pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
Preparamos un amplo programa con obradoiros, exposicións, proxeccións, charlas divulgativas … sempre guiadas por especialistas, investigadores e estudosos do Entroido lucense. En todos os museos da Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Pazo de Tor) ofrecemos as mesmas actividades para que todos e todas os que así o desexen teñen na súa propia comarca a oportunidade de participar nelas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario