OBRADOIRO UNHA VIAXE CULINARIA

Xermán e Marta foron os responsables dun obradoiro de cociña que nos levou nun percorrido polo mundo a través dos sabores e as cociñas de diferentes culturas. Os nosos pequenos pinches fixeron unha viaxe a través dos seus padales, cataron diferentes mollos (romanescu, solla, "mojo picón", crema de cacahuete, curry, etc.) e deron as súas entendidas opinións.