MAÑÁ DÍA 19 DE XANEIRO...

Os visitantes.


Visitas nos nosos fogares. Visitantes que se converten en convidados. Moitas fugaces, rematan no día. Outras son máis longas e fan noite ou noites onde nós. Quen pode, ten un cuarto libre que renace nestas ocasións, que surxe e completa a casa. No Pazo de Tor temos un deses cuartos Guadiana. Nel fixeron noite amigos da familia, visitantes que se acubillaban para descansar despois de ter parrafado, paseado e enchido o bandullo coa hospitalidade das xentes de Tor.

Un dos nosos visitantes mais senlleiros de seguro tomou tempo en facer estas tres cousas. Non sería tolemia aventurar que tamén encheu mente e corazón, collendo nos seus salóns e dependencias folgos espirituais que empregaría nos seus escritos. Estamos a falar de Uxío Novoneyra.

Co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano 2010 ao grande debullador dos paisaxes do Caurel; a Rede Museística Provincial gustaríalle poder pór en marcha unha actividade que terá como contido entre outros da proxección animada dun conxunto de textos , até o 17 de Maio. Neles hannos mostrar aspectos da vida e obra de este home de Moreda, tendo sempre presente a súa relación persoal co Pazo de Tor e os seus habitantes. Esta vai ser a homenaxe que a Rede fará a este poeta que nos deixou na súa obra recunchos líricos, sonoros e fermosos de única feitura.

Por todo o mencionado

Mª Encarnación Lago González Xerente da Rede Museística Informa

Debido a relación de Uxío NovoneYra tan estreita co Pazo de Tor e o achádego de material inédito seu no propio Pazo.

Propoñemos que o Pazo de Tor sexa o punto de saída ou inicio das actividades PROGRAMADAS POLA ÁREA DE CULTURA PARA O Ano de Uxío Novoneyra.

Para elo propoñemos :

1º UN ACTO SIMBÓLICO O PRÓXIMO DIA 19-1-2010: a posta en marcha dunha CONTA ATRÁS DO ANO UXÍO NOVONEYRA

Comezará o 19 de Xaneiro, por coincidila data do seu nacemento, coa do legado DO Pazo Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO E TAMÉN A DO PASAMENTO da súa amiga Dona María Paz Taboada, TITULAR DO INMOBLE ATÉ ESE DÍA. rematará o 17 de maio día das letras Galegas.





2º unhA Proxección animada. Terá lugar no cuarto de convidados. será dinámica, estará viva. Mes a mes iranse incorporando textos e distintas testemuñas. As aportacións virán tanto de distintos autores como de persoas que con el se relacionaron.

3º O longo do ano, o propio pazo (na voz de Paco Nieto) dará a benvida aos nosos visitantes con dous contidos básicos:

• anuncialas novidades mensuais da proxección animada da habitación de convidados

• pedilo apoio dos visitantes á nosa língua.



4º O día 17 de maio obsequiarase a tódolos visitantes dos Museos da Rede co Poema dedicado por Uxío Novoneyra ao Pazo de Tor



5º BOTELLA AO MAR: UN BERRO POLO FUTURO DA LINGUA GALEGA



dende a posta en marcha da conta atrás os catro museos da Rede museística provincial porán a disposición do público, especialmente para o alumnado, unha botella na que recoller mensaxes de esperanza para o futuro da lingua galega.



O luns, 18 de maio (Día Internacional dos Museos), todas as mensaxes serán trasladadas ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao para que os participantes no obradoiro “Botella ao mar” as liberen entre as ondas, que son ronsel de futuro e de esperanza, CONTINUANDO UNHA iniciativa de defensa do noso idioma.