O grupo de prensa infantil e xuvenil do Pazo de Tor realizará mañá o Programa de Radiorede - Obradoiros de Nadal entre as 12,30 e as 13,30.
Logo de traballar a organización das distinta seccións, distribución de traballo entre locutores e colaboradores pasarán a publicidade. Seleccionaron o Viño da Ribeira Sacra como producto a publicitar da zona logo de entrevistarse con Jose Manuel Rodríguez Presidente do Consello Regulador.
Un programa que contará mañá con corresponsais infantiles doutros Museos da Rede : San Paio de Narla e Museo do Mar e dende Guitiriz conectarán Manuel e Clara .
O equipo adiantounos durante VIDEOREDE II que terán novas importantes vencelladas o Pazo. Entre outras.
- Darán a coñecer a posta en marcha dun conta atrás no blog do Pazo de Tor dende o día 19 de xaneiro (data de nacemento de Uxío) ata o día 17 de maio ( Día das letras galegas) : Uxío Novoneira e o Pazo de Tor con distintas actividades vencelladas o Pazo de Tor e aportacións de distintos persoeiros da actualidade cultural galega.
Tamén darán conta en primicia do nome dos integrantes do equipo que de forma desinteresada colabora dende fai tempo no proxecto de promoción do Pazo. Este proxecto coordinado dende a Xerencia da Rede Museística chamámolo : UXIO NOVONEYRA NO PAZO DE TOR
Un amplo proxecto que se sumará os importantes iniciativas que dende a Area de Cultura da Deputación de Lugo se están preparando .
LATEXOS DO LIBRO DE VISITAS: será un proxecto onde O Pazo contaranos en primeira persoa quen deixou pegadas naquela habitación de convidados ...
.
Pero mañá darán unha importante nova ....os nenos darán conta radiofonicamente ós ointes dun material inédito atopado no Pazo de Tor sobre Uxío Novoneyra: correspondencia, poemas, fotografías...
Falarán da montaxe da exposición comisariada no verán por Olalla e Carla que foi visitada por Luz Pozo Garza fai seis meses.
OUTRAS NOVAS:
- Atopado recentemente un mapa de Fontán no Pazo de Tor que será enviado a restaurar.
-Daremos conta sobre a conservación da colección de guarnicionería.
-Os nenos falarán e valorarán a memoria de actividades do Pazo no ano que rematou.
-Debate temas de interés xuvenil e infantil.
Bueno .... espero que os ointes lles resulte de interés. Na imaxen unha primicia da documentación atopada Uxio e Dona María Paz Taboada a persoa que dona o Pazo de Tor a Deputación Provincial de Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario