NORMAS XERAIS PARA AS VISITAS AO PAZO DE TOR: Por cuestións puramente de estratexicas vencelladas ó montaxe do museo precisouse no seu día poñer estas normas.
ACCESO
O Pazo de Tor só se podará visitar en grupo e acompañado en todo momento da correspondente guía.
Os visitantes concentraranse á entrada do pazo con antelación ao horario de visitas.
O grupo de visitantes non excederá de quince persoas, sen límite mínimo.
Os grupos escolares deberán concertar previamente a visita.
Establécense catro quendas de visitas por día (de martes a domingo) de acordo co seguinte horario
MAÑÁS:
1ª quenda: Ás 11,00 horas
2ª quenda: Ás 12,30 horas
TARDES:
1ª quenda: Ás 16,30 horas
2ª quenda: Ás 18,00 horas
PROHÍBESE:
- Entrar nas dependencias do pazo portando bolsas, paquetes ou outros vultos.
- Entrar nas dependencias do pazo portando paraugas ou outros obxectos que, a xuízo da guía, supoñan algún perigo para as obras expostas.
- Entrar con calquera tipo de animais.
- Facer ruídos, alborotar, correr polas salas, patinar ou calquera outra acción que poña en perigo as obras expostas, as instalacións ou moleste os demais visitantes.
- Tocar os obxectos expostos.
- Facer reportaxes (fotografía e vídeo) de vodas ou calquera outro tipo de celebracións.
- Fumar na totalidade do pazo.
- Comer, beber ou acceder con alimentos dentro do pazo.
- Tirar lixo.
PROHIBESE, AGÁS CON AUTORIZACIÓN EXPRESA:
- Facer fotos ou filmacións no interior do pazo.
- Realizar apuntamentos ou debuxos das obras expostas e das instalacións.
NOTA
A interpretación e aplicación destas normas corresponde ao persoal do Paso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario