A Rede Museística Provincial alberga unha moi destacable colección de
abanos. O primeiro ingreso tivo lugar o 12 de marzo de 1936, veu da man de D.
José Costa Figueiras. Trátase dun abano chinés feito en óso calado; seguiron ás doazóns nos vindeiros decenios co
fin loable de enriquecer en cultura e patrimonio a sociedade. O Pazo de Tor,
doado por María Paz Taboada de Andrés, é tamén un legado patrimonial para o seu
desfrute, estudo e conservación. Os fondos do Pazo de Tor son de grande
variedade, unha das mostras interesantes que presenta a modo de colección son
os abanos. Escollemos para este novo artigo un abano moi especial, de tipo
pantalla de procedencia francesa, nomeado alí como “écran à main” ou “écran de
visage” probablemente do S. XVIII. Este tipo de abanos son aquí escasos e este
atópase particularmente en moi bo estado, tendo en conta os materiais
utilizados.
A peza escolleita di moito do contexto histórico, gusto ou moda do momento
e por suposto, se indagamos un pouco, do seu uso en orixe a maiores de refrescar. Espantaba os
insectos e tamén protexía a cara do calor das enormes chemineas presentes en
palacios e, porqué non, no Pazo. Aínda que non está no percorrido da visita,
este alberga unha monumental lareira na pranta principal. Elementos similares
aos abanos estaban presentes dende a antigüedade en civilizacións notables como
a exipcia, babilónica, grega, romana... con usos que van do cotidián ao
litúrxico. A variante de abano despregabre, ésta máis coñecida, virá de Oriente
a Europa no S. XVI.
Este abano de pantalla ten máis interese porque presenta un relato
(abundaban as esceas mitolóxica, románticas, teatrais ou históricas). Neste caso
trátase dunha pasaxe histórica sobre Polonia, que atinxe ao Rei polaco Xoan III
de Sobrieski na guerra contra o Imperio Otomano en Viena, a finais do S. XVII.
Según relata o anverso do abano, Xoán III Sobrieski disponse a partir cara
Viena coa súa familia presente despedíndose, a filla máis nova chora
incesantemente, o motivo? Non estar preparada para a loita e acompañalo. Sen
dúbida, o texto resulta revelador sobre os valores exaltados no momento.
Descripción técnica:
Abano de pantalla.
Orixe. Francés
Datación. S. XVIII
Materiais. Madeira, seda, cartón
Técnica de estanpación: gravado sobre cartón e fiado
Medidas totais: 41 cm X 23,5 cm
Variña: 27 cm
Bibliografía:
Mª del Rosario Fernández
González, Encarna Lago González, Fernando Arribas Arias. (2002). Colección de
Abanos do Museo Provincial de Lugo. Lugo, España: Deputación Provincial de Lugo
Courrier Europeén de l'art et de
la curiosité. (1875).
L'éventai d'écran. Gazette des Beaux-Arts, XII, 109 - 209.
Nathalie Rizzoni . (2008). Les écrans à main et
l'éventail de Blaise et Babet (1783). 5/05/2017, de Collectiana Sitio web: http://www.collectiana.org/nathalie-rizzoni-les-ecrans-a-main-et-l-eventail-de-blaise-et-babet-1783.html
colaboradores de Wikipedia.
(2017). Abanico. 5/05/2017, de Wikipedia, La enciclopedia libre Sitio web: https://es.wikipedia.org/wiki/Abanico
http://fr.wikipedia.org/w/index.php?title=%C3%89cran_%C3%A0_main&action=history.
(2017). Écran à main . 5/05/2017, de Wikipédia Sitio web: http://fr.wikipedia.org/w/index.php?title=%C3%89cran_%C3%A0_main&oldid=133979904
No hay comentarios:
Publicar un comentario