A Arte de ser muller: Laura Pernás e Sesé Vila

Esta semana no Pazo, teremos o privilexio de contar con obras de Laura Pernás e Sesé Vila. Duas artistas que non vos van deixar indiferentes e que participan  dentro do proxecto de igualdade e visibilidade da muller na Arte. Compartimos con vos un texto de que nos achegou Laura Pernás e que explica un pouco a súa obra. 




 A morte da miña nai cando contaba seis anos de idade fíxome crer que os traspés que sofrimos na vida non poden mitigarse loitando con valentía contra o azar. Foi precisamente este factor o que determinou o seu nome, Alicia, como a de Lewis Carroll, e, en certo sentido, a miña visión das cousas.

Poucas son as cousas que lembro con claridade dos meus primeiros anos. Quizais hai unha, o olor da herba. O olor da herba faime evocar aqueles seis anos roubados nos que eu xogaba nunha herba altísima que aínda non fora segada, allea a toda desgracia. Pero ano tras ano, ca chegada do verán, meu avó acababa por segar a herba; destruíndo todos os meuss paraísos e fantasías, dando paso á nada.

Din que un pode morrer máis facilmente de nada que de dor.

Unha pode rebelare ante a dor, ante a nada non.






"Frame" da videocreación "Treinta o Cincuenta sueños, ningún recuerdo".                                           
 
 
Tras rescatar entre os restos do naufraxio da miña infancia, unha película en Super8 na que saio eu á idade de cinco anos, xogando nesa altísima herba, comeza o meu traballo como videocreadora, realizando a obra nun bosque na miña memoria. Esto supón o punto de arrinque do  meu proxecto creativo; un proxecto que fala da infancia, da dor, da pena, do destino.

Para A Arte de ser Muller presento, por primeira vez, practicamente de forma íntegra a serie de videocreacións “Ciclo de la Tormenta”. Trátase de sete traballos, (neste caso seis) ordeados cronoloxicamente por data de realización. Son: “un bosque en mi memoria”, “rayo de tiniebla”, “éxtasis de angustia”, “todos mis secretos”, “treinta o cincuenta sueños  ningún  recuerdo” y “como si dios llorase lagrimas de oro”. Tan só falta “prólogo a una profecía” ou o que supuxo na miña vida morder simbolicamente unha manzá; que supón o punto final desta etapa.
Son traballos que falan da infancia, a mística, o loito, a introspeción; de búsqueda, alquimias e dor. Trátase de pezas onde a realidade e a ficción confúndense, o soño e a vixilia se entremisturan, e o delirio e a alucinación dan paso, a xeito de confesión, a unha caste de terapia autorreferencial que, como se se tratase dun exorcismo, axúdanme a asumir o meu propio destino.


ESPAZO PÚBLICO DE VISIBILIDADE: Roberto González Fernández no Pazo de Tor.



Dentro do proxecto Espazo público de visibilidade que se vén desenvolvendo nos museos da Rede Museística o próximo 28 de outubro vaise inaugurar no Museo Pazo de Tor a exposicón Vírgenes Descuidadas do artista monfortino Roberto González Fernández. No acto de inauguración desta exposición, que se poderá visitar ata o 11 de decembro, Roberto González impartirá ÁS 18.00 H. unha conferencia titulada Retratos y autorretratos entre la pintura y la fotografía

Blanca Besteiro e María Jesús P. Carballo na Arte de Ser Muller

Das sombras inquedantes do grabado á paisaxe erma, núa e cálida; as dúas artistas dialogan co interior e o exterior do Pazo, nesta nova mostra da Arte de ser muller.


 Esta imaxe que agora gardo, traeme  os malos anos, días de máis sen chuvia. A  seca ven  ás miñas pedras;  secura  e  morna calma do vento do Sur. "Para chover en Tor, ha de chover en todo arredor"

 Paisaxe de Maria Jesús Pérez Carballo (foto Silvia Rguez. Grandío)                                            


Na treboada ábrense as portas, a sombra proxéctase no meu piso de madeira. Tremo e lembro a pillaxe dos soldados de Napoleón.

Gravado de Blanca Besteiro (foto de Silvia Rguez. Grandío)                                                                         
“A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 3.0”




Compráceme participar neste proxecto expositivo proposto pola Rede Museística Provincial de Lugo como representación das mulleres que estamos a loitar no mundo da arte e no que, cada vez, estamos a deixar unha pegada máis e máis grande.

Comparto, nesta ocasión, tres composicións pictóricas que pertencen ao meu proxecto Tinos e Titubeos que representa os meus primeiros pasos no mundo da arte.

O primeiro lenzo titulado Pájaros en la cabeza é un anaquiño de min e das miñas inquedanzas. Todos os meus traballos marcan o momento que estou a vivir e dalgún xeito podo dicir que son un reflexo. Oscilando no mundo dos contos, ésta representación de trazos moi coloridos contaxia ao espectador co seu positivismo.

Os formatos que elixo normalmente son series de lenzos xa que avivan a idea de pensamentos, fragmentos, anacos de ideas e ocorrencias dun momento determinado que pretendo transmitir.

Maruja Mallo e Sonia Delaunay son outros dos traballos que se poden apreciar neste proxecto. Pertencen a unha serie de pinturas homenaxe a algunhas das grandes artistas que admiro e que espertaron, a través das súas obras e a súa persoalidade a miña curiosidade e inquedanzas polo mundo da arte. Fridha Kahlo e Berthe Morrisot completan a colección e, aínda que, non conten con relación entre elas as elixo como fonte de inspiración para este traballo. É importante entender que non se trata de retratos senón dun guiño aos seus pensamentos. A través dos sombreiros das ideas, como eu lles chamo, conxelo os seus pensares nun instante a través da explosión de cores e trazos.

Os lenzos cos que participo son dunha natureza moi íntima e de certo ton feminino e contan con grandes referentes femininas como Frida Kahlo, Kiki Smith e Dana Schutz, entre outras.

O papel da muller na arte sempre foi imprescindible e moitas das mulleres artistas ao longo da nosa historia souberon facer da súa vida a mellor das súas obras de arte. As mulleres somos moi intensas e cando traballamos sabemos contaxiar esas nosas creacións coa nosa persoalidade, os nosos gustos e os nosos soños sempre co fin de expresar as nosas propias historias.

Con técnicas como os acrílicos, as acuarelas, e o collage, e sempre, empregando cores moi vibrantes e alegres pretendo transportar ao espectador a unha atmosfera diferente, orixinal e moi alegre.

O máis enriquecedor da visita a esta exposición é unha viaxe polos 25 mundos de ensoñación de 25 artistas moi diferentes que teñen en común a máis fermosa das cousas: ser muller.

Ruth Nuñez Ares

http://ruthnunezares-art.blogspot.com/

















O PAZO DE TOR



PAJAROS EN LA CABEZA


100x80

Collage, acrílico/ lienzo





SAN PAIO DE NARLA MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO



MARUJA MALLO SONIA DELAUNAY



80x80 cm 80x80 cm

Acrílico/ lienzo Acrílico/ lienzo



1ª reunión de toma de contacto con asociacións de discapacitados da Mariña

Mañá as 11 da mañá Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, reunirase con membros de diferentes asociacións de discapacitados da área sur da provincia para facer un primeiro diagnóstico das necesidades e propostas que poidan ter para a confección dun programa de actividades especifico para estes colectivos no vindeiro curso 2011/2012.

Tras este primeiro contacto está previsto que volten a reunirse, xa con propostas concretas, o dia 1 de Outubro

"Educación, cultura y acción social en los Social Media"


Formulario de inscripción para a Xornada "Educación, cultura e acción social nos social media" dirixida por Pilar Gonzalo