Presentación da rodaxe da Esmorga no Pazo de Tor

Contamos coa presenza do director do filme, Ignacio Vilar, e algún dos actores protagonistas como Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris”. Fixeron a presentación do proxecto aos medios na compaña do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, a xerente da Rede, Encarna Lago, e o deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro.

30 xaneiro 2014




Concerto de fin de ano: Os Parentes

Nada mellor que despedir o ano con música, que comece a foliada!









Obradoiro "Reciclando o Nadal"

Aproveitamos unha bandexa do supermercado para facer unha plancha de gravado.











Obradoiro "Os pergameos no Pazo de Tor"







Inauguración "Aprendendo a ser vestido", de Paula Cabaleiro

Aprendo a ser vestido :: Paula Cabaleiro
Museo Pazo de Tor :: proxecto Diálogos na Rede 










Nadal 2013 na Rede Museística (Programa de actividades)

AconTecendo, exposición colectiva

AconTecendo inclúese no proxecto “ENREDARTE: Espazos públicos de Visibilidade” da Rede Museística Provincial, dentro do Programa “Mulleres en / para / por / /desde / ante a Rede Museística”. 
AconTecendo é una mostra colectiva comisariada por Noemí Cobas na que, empregando o téxtil como medio, preténdese cuestionar os roles de xénero impostos na nosa sociedade dende fai séculos. Partindo da rica historia do téxtil no mundo da arte, que vai dende os antigos tapices ata o uso de feltro nas obras de Beuys, os artistas recollidos nesta mostra empregan a sua maneira de ver o arte para ofrecer un novo punto de vista deste medio e do papel da muller, non so na nosa sociedade, senón no mundo do arte.