Visita Colexio Torre de Lemos

Ontes tivemos unha visita moi especial, os pequerrechos do colexio Torre de Lemos, uns 60 pequeamigos de entre 3 e 5 aniños, foron os principais protagonistas da historia do noso museo. Foi unha mañá intensa, que por suposto rematou coa "merenda", non podía ser de outro xeito, o saber esperta a fame.

10 abril 2014







Exposición "Patrimonios: Muralla e Tango", no Pazo de Tor


O obxectivo da mostra é establecer unha ponte cultural e dar a coñecer a importancia excepcional para a herdanza común da humanidade, que posúen ambos os dous patrimonios. Propoñendo un diálogo bidireccional entre dous patrimonios irmandados por un pasado común migratorio.
O Patrimonio Cultural tanxible e o intanxible únense para conformar de xeito separado a identidade cultural dun determinado lugar. Do "seu" lugar. Redefinindo o presente con unha mirada retrospectiva. Buscando co lente ese factor determinante que define o que actualmente entendemos por patrimonio, é o seu carácter simbólico, a súa capacidade para representar simbolicamente unha identidade.

5 abril 2014






DÍA DA ÁRBORE, 21 DE MARZO

No Pazo de Tor démoslle a benvida á primaveira celebrando o día da árbore. Aprendemos moitas cousas sobre as árbores, sobre todo como temos que coidalas, xa que son moi importates para o noso ecosistema. Así que hoxe animámonos a plantar algunhas árbores e bulbos, a ver que tal se nos da a sementeira!










RODAXE DA ESMORGA

Luces, cámara e acción

14 ao 23 marzo 2014





















Presentación da exposición MULLERES EN /PARA / POR/ DESDE/ ANTE


En Monforte, para este proxecto contamos coa participación de colectivos que traballan o tema da memoria, como AFAMON, ou a integración cultural e social como AUXILIA e por suposto, falando da muller, o CENTRO DE INFORMACIÓN DA MULLER DO CONCELLO , que tamén nos acompañaron no día de onte.

7 marzo 2014






OBRADOIRO SAN VALENTÍN, AS LUPERCALIAS ROMANAS

Para celebrar o día do amor, fixemos un sobres "segredos" en forma de corazón, unha caixiña para meter un agasallo, como non, con peche de corazón, e un marcapáxinas cunha frecha que se lle escapou a Cupido.

15 febreiro 2014





Presentación da rodaxe da Esmorga no Pazo de Tor

Contamos coa presenza do director do filme, Ignacio Vilar, e algún dos actores protagonistas como Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris”. Fixeron a presentación do proxecto aos medios na compaña do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, a xerente da Rede, Encarna Lago, e o deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro.

30 xaneiro 2014