Luz Pozo Garza recibe o premio Ramón Piñeiro

Luz Pozo Garza recibiu onte en Láncara o premio Ramón Piñeiro Facer País. A poetisa, moi emocionada, dixo que:
«Hoxe entendo que é o amor da vida e da poesía e sería incapaz de escribir en outro diferente».


Para ver a noticia completa:

Luz Pozo Garza no Pazo de Tor


A gran poetisa e proxima galardoada co premio Ramón Piñeiro Facer Pais , Luz Pozo Garza, visitou o Pazo de Tor a semana pasada.

Se sempre é un pracer recibir a todos os visitante, recibir a unha personalidade tan próxima á historia do museo é ademas un orgullo. ¿Porque dicimos isto? Pois por que o seu apelido materno, Garza, é orixinario de Tor xa que o pazo tivo por primeiros moradores aos Garza de Castillón.


Nos gustaria felicitar a Luz Pozo Garza pola concesión do Ramón Piñeiro Facer Pais do que se converteu na primeira muller galordanada.


Campamentos de arqueoloxia no Pazo de Tor

Coma todos os anos realizaranse durante 4 dias no Museo Pazo de Tor o Campamento de Arqueoloxia nos que os nenos xogaran a ser arqueologos o aprenderan as diferentes fases dunha escavación arqueolóxica. Esta actividade será o peche final ás actividades de verán organizadas pola Rede Museística no Pazo.

Presentacion do Canle Multimedia do Pazo de Tor

Presentamosvos o Canle Multimedia do Pazo de Tor no que iremos colgando os videos da Actividade Videorede. Xa temos uns cuantos pero inda iremos colgando algun mais a medida que se vaian creando. Un saudo

Actividades de Veran 2009: Videorede


Realizouse os dias 2 e 3 de Xullo o Obradoiro Videorede no Museo Provincial Pazo de Tor. Unha actividade dirixida os rapaces de entre 8 e 14 anos e que ten como obxetivo espertar a creatividade dos nenos aproveitando o alto interese que mostran polas novas tecnoloxías da información.

Os nenos realizaron traballos audiovisuais mediante diferentes dispositivos de grabación coma telefonos mobiles, cámaras de fotos e cámaras de video. Estes traballos teñen coma actriz principal a propia Rede Museística e tratan de vencellar aos nenos dos tres museos da rede mediante un dialogo activo e asincronico. Os nenos de cada museo estudan a sua historia, mostran o seu presente, e analizan o seu fututro facendo participes do proceso os nenos do resto de museos da rede mediante o Canal Multimedia do Pazo en youtube (http://www.youtube.com/user/museopazodetor).

Tamén se fomenta a idea de rede mediante a grabación de preguntas por parte de cada neno de Tor para os nenos de Narla e do Museo do Mar, e que xa se poden visionar no canal Multimedia do Pazo. Os nenos de Narla e do Mar deberán grabar Videorespostas as inquedanzas dos de Tor o dia que fagan o Obradoiro, que no caso de Narla será este Xoves dia 6 e Venres 7 e no do Museo do Mar entre o Martes 11 e Mercores 12.


Actividade ideada, deseñada, coordinada e impartida pola Rede Museística Provincial de Lugo.

Xerente da Rede Museística Provincial: Encarna Lago Gónzalez
Mestres:Encarna Lago Gónzalez, Angeles Rivada y María González.