OBRADOIRO O TEMPO NO TEMPO

O 27 de setembro fixemos un reloxio de sol, coma o que temos no Pazo, e probamos o seu funcionamento, estes nunca atrasan!, ;) Este obradoiro estivo a cargo de Delorian Gray.










NATUREZA E EMIGRACIÓN (INMIGRACIÓN) ENTRE ARXENTINA E GALICIA

Setembro

A Etnobotánica foi o tema que tratamos ontes no Pazo de Tor, ou o que é o mesmo, aprendemos os diferentes usos que tradicionalmente se lles daban, e se lles da nalgúns casos aínda hoxe, ás herbas e plantas da nosa contorna. Despois andivemos á procura delas polos arredores do Pazo, identificámolas, marcámolas con carteis e tamén recolectamos, por suposto. Ah!, e sementaremos cando toque. Convertiremos o Pazo nunha escola de menciñeiros? O proxecto permanecerá aberto,así que se sabedes dalgunha herba, receita ou remedio, cubride o noso cuestionario online e seguiremos traballando coa información que nos proporcionedes. Gracias por colaborar con nosoutros!









A miña primeira película sen cama

Os nenos de Pobra de Brollón estiveron este martes día 19 no Pazo nun taller de cine. Viron un par de curtos e explicáronselles os segredos do celuloide. Despois disto realizaron a súa primeira película sen cámara. Toda unha experiencia que a xulgar polas súas caras, repetirían outra vez.















E este foi o resultado de tanto traballo:





Obradoiro "A la en Tor: da rapa ao tecido"

Este sábado tivemos no Pazo de Tor unha visita do Clube Pequeamigos. Os nosos rapaces viron cómo se rapa unha ovella e como facían os nosos antepasados para aproveitar a la: lavámola, cardámola, aprendemos cómo se fiaba e ata vimos cousas que se facían con ela, como unha colcha, calcetíns ou unha chaqueta. Foi unha mañá intensa que nos abreu o apetito, así que despois de tanto traballo, a papar!