Uniforme da II República do Pazo de Tor: Miriam Fernández Otero

No Pazo de Tor, distribuído en dous manequíns e unha vitrina, expónse un coidado uniforme militar de gala de Teniente de Artillería montada, o cal seguramente pertenceu a D. Miguel Ángel Quesada y Munuera, esposo D. María Paz Taboada de Andrés (dona do Pazo de Tor), cando este servía no Corpo de Artillería do Exército de Terra da II República Española.

Nun dos manequíns expónse a guerreira ou chaqueta deste uniforme militar , do cal recoñecemos o rango polas dúas estrelas de seis puntas dos puños e as granadas representadas en distintos elementos do uniforme.

A chaqueta está confeccionada en pano azul, co cuello e puños en vermello, e conserva o cinguidor dourado coa fibela na que se aprecia claramente a granada ou bomba de artillería, características que se repiten na banda que a cruza dende o hombro dereito. Nos cabos desta banda, na espalda da chaqueta, iría enganchada a cartucheira, peza rectangular negra con frontal ribeteado en dourado e representación de canóns cruzados que está na vitrina.

Nos hombros presenta unhas charreteiras ou dragonas (hombreiras) metálicas coa representación do escudo da II República, posiblemente realizadas en Toledo. A botonadura, que está completa e ben conservada, presenta os canóns de artillería, mentras que nas solapas do cuello distinguimos unhas lucidas granadas bordadas en relevo con fío de ouro.

Ó carón desta chaqueta atopamos un par de botas militares de montar a cabalo.


No segundo manequín exponse unha capote ou capa para un Comandante artilleiro de cabalería, rango superior que o de Teniente (chaqueta anterior), identificado pola estrela de oito puntas bordada en fío de ouro que posúe na solapa do cuello, esta acompañada pola granada.

Confeccionado en pano azul e vermello conserva a botonería externa e interna co simbolo dos canóns, máis carece do cubrecuellos desmontable que tería en orixe, fragmento rectangular á altura da noz que posúe os furados por onde pasar os botóns das solapas.

 Neste manequín atopamos tamén uns pantalóns de cabalería de gala, de novo confeccionado a base de pano azul e vemello, co seu corte singular abombado na zona das coxas.




 Para finalizar na vitrina consérvanse distintos elementos relacionados con este traxe, tales coma catro chapas identificativas da arma de artilleiros, tres botóns, un par de hombreiras e a xa mencionada cartucheira.




Miriam Fernández Otero




TRAXE DO RÉXIME: MIRIAM FERNÁNDEZ OTERO

Traxe militar do Réxime do Museo Provincial Pazo de Tor

O uniforme da época do Réxime franquista do Museo Provincial do Pazo de Tor é un bo exemplo de que, en moitas ocasións, as prendas son fontes históricas directas que nos falan de cuestións máis profundas da vida diaria que as do simple simple feito de vestir.

Este uniforme militar de gala posiblemente pertenceu a D. Miguel Ángel Quesada y Munuera (esposo de D. María Paz Taboada de Andrés ) coronel de artillería, Xefe Delegado para a fronteira portuguesa do servizo especial de vixilancia fiscal, falecido o 10 de decembro de 1967. O rango de Coronel de artillería identifícase polas tres estrelas de oito puntas das mangas da chaqueta e as granadas dos botóns da solapa do cuello.

Á altura do corazón posúe tres tres filas cun total de 12 condecoracións que, debido ó estado actual, tornase complexo a súa identificación, precisando horas de estudo e contemplación directa. A pesar diste inconveniente hai catro delas que a grandes rasgos puiden identificar: a Gran Cruz do Mérito Militar con Gran Distintivo Vermello (primeira fila superior, segunda columna á esquerda, primeiro pasador), a Medalla da Campaña 1936-1939 (segunda fila, segunda columna á esquerada, segundo pasador), a Cruz da Orde de San Hermenegildo (terceira fila, terceira columna á esquerda, terceiro pasador) e a Cruz á Constancia no Servizo (primeira fila inferior, primeira coloumna á
esquerda, primeiro pasador)

Sobre elas quedan restos dos enganches da placa co nome do propietario e no peto os enganches de cruces ó mérito.

A insignia bordada que o uniforme presenta na man esquerda é una Medalla Colectiva ó mérito en Campaña concedida á 13ª División, unidade coñecida co sobrenome de “Mano Negra”, creada o 16 de setembro de 1936 en Talavera de la Reina e capitaneada durante a Guerra Civil polo Xeneral de Brigada de Cabalería Fernando Barrón Ortiz, veterano da guerras de África. Esta unidade de choque estaba formada por lexionarios e regulares (Melilla e Tetuán), estes últimos na súa maioría marroquíes, dos cales seguramente obtivo o alcúme intimidatorio.

Concretamente a concesión desta medalla materializaríase o 21 de maio de 194, da cal temos as testemuñas (tanto da medalla coma dos seus movementos) recollidas polo Servizo Histórico Militar na obra Galería Militar Contemporánea: colección de biografías y retratos de generales que más celebridad han conseguido en los ejércitos liberal y carlista durante la última Guerra Civil:

“Fue concedida por O.C. de 21 de mayo de 1941, D.O. núm. 118 a la Trece División del Cuerpo de Ejercito Marroquí por sus méritos durante toda la campaña de la Guerra Civil en el bando nacional. 
Se organizó esta División en el año 1937 y tomó parte en la ofensiva del Frente de Madrid, rechazando los violentos ataques enemigos sobre la línea Sicilia-Molinero, cuesta de las Perdices y cerro de Águila, impidiendo el aislamiento de la Ciudad Universitaria.
Con motivo de la ofensiva enemiga sobre Segovia marchan a La Granja y Cabeza Grande unidades de la División que actúan brillantemente. En la ofensiva enemiga sobre Brunete, atacando con decisión y energía, cooperando a la derrota del enemigo, que abandonó gran numero de muertos y abundante material, posesionándose esta Gran Unidad del pueblo de Brunete tras reñida lucha que duró veinte días.
Sin cubrir en su totalidad las bajas sufridas en las operaciones antes citadas, se trasladó a Zaragoza para contener la violenta ofensiva enemiga de Aragón, que había cortado por el norte del Ebro la comunicación entre Zaragoza y Huesca. Entra inmediatamente en acción y actúan valerosamente en Alfajarín, Villamayor, Fuentes de Ebro y estación de la princesa (ferrocarril de Utrillas y Valmadrid). Otras unidades de infantería de la misma División intervienen en el frente de Aragón para actuar en la contraofensiva de Albarracín. Toman parte en las operaciones desarrolladas en Zuera, para restablecer con éxito las comunicaciones entre Zaragoza y Huesca. 
Interviene posteriormente, de manera destacada, en el avance hasta el río Alfambra y en la reconquista de Teruel, y trasladada al sector de Jaulin (Zaragoza) forma parte del Cuerpo de Ejército Marroquí, interviniendo en la rotura del frente enemigo, avanzando hasta Codo, rebasando Belchite y pasando en la noche del 23 de mayo de 1938, el río Ebro, venciendo la resistencia del contrario, constituyendo una cabeza de puente y alcanzando posteriormente la línea del Cinca. Toma parte en la ocupación de Lérida y en la defensa de la línea del río Segre. 
Desencadenada por el enemigo la ofensiva del 25 de julio en el Ebro (sector de Gandesa), esta División puso de relieve sus virtudes militares de disciplina, instrucción y capacidad combativa, deteniendo el avance, y posteriormente atacó, rompiendo las fortísimas posiciones enemigas, influyendo notablemente en la derrota del ejército contrario, que fue arrojado a la izquierda del Ebro en aquel sector. 
Tropas de esta Gran Unidad intervienen en la contención de los ataques enemigos en el sector de Serós, y cubren la línea del Segre, entre Lérida y la cabeza de puente de Balaguer. Toma parte en el avance sobre Cataluña ocupando Falset y alcanzando la línea Reus-Borjas del Campo; derrota a las fuerzas enemigas que pretenden defender el paso del Ordal, en la carretera de Villafranca del Penedés a Barcelona, alcanzando la línea de San Pedro Mártir-Vallvidrera-Tibidabo, que dominaba Barcelona, entrando en esta capital al día siguiente. 
Finalmente, la 13 División fue trasladada a Extremadura, interviniendo con igual éxito en las operaciones que se llevaron a cabo en este frente hasta el final de la campaña. 
Esta División, en cuantas operaciones tomo parte, realizó una labor meritoria, poniendo siempre de manifiesto sus virtudes militares”.
 A insignia ou escudo presentásemos bordado sobre a tea, maioritariamente en fío de ouro, destacando na parte central un círculo de aplique téxtil vermello coa man negra e o número trece (distintivo da 13ª División), flanqueado a ambos lados por dous leóns rampantes. Na parte superior atopamos una torre arroupada por follas de laurel bordadas probablemente en seda ou sedón, mentres que na parte inferior móstrasenos unha pequena cartela na que podemos ler “Al mérito en campaña”, rodeada de novo por laureles. Para delimitar as distintas partes do escudo emprégase o que parecen ser abelorios esféricos ou algún tipo de canutillo.

En canto ó escudo que posúe á altura do peito, no peto dereito, corresponde á insignia das brigadas de Navarra, seis unidades paramilitares formadas por batallóns carlistas (requetés) navarros que constituíron o groso do exército franquista, encargados de cubrir a fronte vasca dende Ondárroa a Orduña ó mando do Xeneral Solchaga. Formadas por un alto número de voluntarios, estas brigadas incluíron 13 Tercios de requetés, sete bandeiras da Falanxe e doce batallóns de Infantería, dos cales un era de tropas marroquíes.

Deste último dato podemos sacar a conexión entre os emblemas da 13ª División do Corpo de Exército Marroquí e o das brigadas de Navarra nun mesmo uniforme, ademáis de ter constancia de que coincidiron man a man na batalla de Brunete.

Con referencia ó resto de indumentaria, son abrigos e chaquetas empregadas para o exercicio militar.



Miriam Fernández OteroHistoriadora da Arte, Máster en Servicios Culturais (Especialidade na Xestión do Patrimonio Cultural) e arte textil. 

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2017: MUSEOS E HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS.

PEZAS DO PAZO DE TOR: ABANO DE PANTALLA




A Rede Museística Provincial alberga unha moi destacable colección de abanos. O primeiro ingreso tivo lugar o 12 de marzo de 1936, veu da man de D. José Costa Figueiras. Trátase dun abano chinés feito en óso calado;  seguiron ás doazóns nos vindeiros decenios co fin loable de enriquecer en cultura e patrimonio a sociedade. O Pazo de Tor, doado por María Paz Taboada de Andrés, é tamén un legado patrimonial para o seu desfrute, estudo e conservación. Os fondos do Pazo de Tor son de grande variedade, unha das mostras interesantes que presenta a modo de colección son os abanos. Escollemos para este novo artigo un abano moi especial, de tipo pantalla de procedencia francesa, nomeado alí como “écran à main” ou “écran de visage” probablemente do S. XVIII. Este tipo de abanos son aquí escasos e este atópase particularmente en moi bo estado, tendo en conta os materiais utilizados.

A peza escolleita di moito do contexto histórico, gusto ou moda do momento e por suposto, se indagamos un pouco, do seu uso  en orixe a maiores de refrescar. Espantaba os insectos e tamén protexía a cara do calor das enormes chemineas presentes en palacios e, porqué non, no Pazo. Aínda que non está no percorrido da visita, este alberga unha monumental lareira na pranta principal. Elementos similares aos abanos estaban presentes dende a antigüedade en civilizacións notables como a exipcia, babilónica, grega, romana... con usos que van do cotidián ao litúrxico. A variante de abano despregabre, ésta máis coñecida, virá de Oriente a Europa no S. XVI.

Este abano de pantalla ten máis interese porque presenta un relato (abundaban as esceas mitolóxica, románticas, teatrais ou históricas). Neste caso trátase dunha pasaxe histórica sobre Polonia, que atinxe ao Rei polaco Xoan III de Sobrieski na guerra contra o Imperio Otomano en Viena, a finais do S. XVII. Según relata o anverso do abano, Xoán III Sobrieski disponse a partir cara Viena coa súa familia presente despedíndose, a filla máis nova chora incesantemente, o motivo? Non estar preparada para a loita e acompañalo. Sen dúbida, o texto resulta revelador sobre os valores exaltados no momento.
Descripción técnica:

Abano de pantalla.

Orixe. Francés

Datación. S. XVIII

Materiais. Madeira, seda, cartón

Técnica de estanpación: gravado sobre cartón e fiado

Medidas totais: 41 cm X 23,5 cm

Variña: 27 cm

Bibliografía:

Mª del Rosario Fernández González, Encarna Lago González, Fernando Arribas Arias. (2002). Colección de Abanos do Museo Provincial de Lugo. Lugo, España: Deputación Provincial de Lugo

Courrier Europeén de l'art et de la curiosité. (1875). L'éventai d'écran. Gazette des Beaux-Arts, XII, 109 - 209.

Nathalie Rizzoni . (2008). Les écrans à main et l'éventail de Blaise et Babet (1783). 5/05/2017, de Collectiana Sitio web: http://www.collectiana.org/nathalie-rizzoni-les-ecrans-a-main-et-l-eventail-de-blaise-et-babet-1783.html

colaboradores de Wikipedia. (2017). Abanico. 5/05/2017, de Wikipedia, La enciclopedia libre Sitio web: https://es.wikipedia.org/wiki/Abanico

PEZAS DO PAZO DE TOR: CHOCOLATEANDO...

PEZAS DO PAZO DE TOR: CHOCOLATEANDO...

Silvia Fiallega Lorenzo.

Nesta nova entrada propoñémosvos un saboroso tema que nos vai servir para ensinarvos dúas novas pezas da nosa colección. Durante as nosas visitas tratamos de que os nosos visitantes vexan a historia a través dos ollos dun fidalgo e que por un tempo sintan na súa propia pel como sería a súa vida nunha casa coma a nosa. O padal é unha arma poderosa para a imaxinación. Vendo a vaixela de Sargadelos na mesa principal agardando polos comensais, máis de un imaxinou un menú de alto copete. As sobremesas eran un colofón importante ás longas e opíparas comidas que aí se servían.

O consumo alimenticio era unha forma de distinción social, as despensas fidalgas estaban ben abastecidas, namentres que a maioría da poboación sufría de desnutrición por unha mala alimentación. Un dos alimentos unicamente accesible para os padales dos poderosos era o chocolate. No pazo contamos cun muíño de man para moer o cacao e tamén temos unha chocolateira. O cacao traíase en froito, sen procesar, polo que había que tostalo e despois pasalo polo muíño e peneiralo para separar o po de cacao da cáscara da semente.






Para preparar o chocolate empregaban a chocolateira, feita en cobre cun mango e unha tapa con burato pola que se metía un batedor de madeira para ir removendo a mestura e deste xeito evitar que se pegara ou se queimara.



Investigando na nosa biblioteca, atopamos moitas referencias ó chocolate. Nun dos receitarios sinlábanse algunhas das propiedades que daquela se pensaba que tiña tan prezado manxar: era bo "para confortar el estómago, y el pecho; mantiene, y restablece el calor natural; alimenta; disipa, y destruye los humores más malignos; fortifican y sustenta la voz". Segundo este texto, a mellor forma de consumilo era con azúcar, canela e cacao, disolto en auga. Para facelo máis delicioso, aconsellaban engadirlle unha gotiñas de auga de azahar ou vainilla, aínda que esta última debería evitarse "como cosa dañosa, a causa de ser la Baynilla de partes sumamente cálidas, y no sirve de otra cosa, que de introducir en en el cuerpo ardientes inflamaciones". Pero atención, non todo era proveito, tamén advirte que o consumo en exceso pode causar "opilación" ou, o que é o mesmo, algún tipo de obstrución.




O consumo do chocolate arraigou de seguida entre os galegos, introducíndose nas casas labregas nos séculos XIX e XX, onde se tomaba de cando en cando, para o almorzo ou a merenda. De aí a existencia de chocolateiras nas formas cerámicas artesanais e a súa presenza en moitas casas do rural galego. O chocolate consumido polas clases populares non era tan puro como o consumido pola fidalguía e demais clases poderosas, era frecuente que se mesturara con flor de fariña de trigo, fariña de fabas, de garavanzos, etc., para lograr máis consistencia. Ademais tomábase con menos frecuencia e botándolle menos cantidade de cacao. Tampouco estaba ó alcance de moitos facer o chocolate con leite, nas casas labregas facíase con auga e se había sorte, aínda se terzaba con algo de leite. Unha última curiosidade, en tempos existía o oficio itinerante do chocolateiro, que ía polas casas acomodadas preparando a deliciosa beberaxe.
O cacao tamén serviu de ingrediente principal de moitas sobremesas, algunhas delas poderíamos consideralas ata certo punto exóticas: biscoitos, "pastillas" de chocolate, mazapáns, xeado (feito con neve!), en licor, en crema e ata en espuma! Detédevos un chisco a ler as receitas, non o lamentaredes.

Bo proveito!







PEZAS DO PAZO DE TOR: O QUIJOTE

Tal día coma hoxe, hai catrocentos un anos, morría Miguel de Cervantes Saavedra, un 23 de abril de 1616. Soamente un ano antes, viu publicada a segunda parte do Quijote, que adicou a D. Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos e Virrei de Nápoles, recoñecido mecenas dalgúns dos ilustres artistas e escritores do Século de Ouro. Os condes de Lemos sempre estiveron moi ligados a historia do Pazo. Abunda a documentación no arquivo que fai referencia a eles. Os propios Leonor Sarmiento de Sotomayor e  Francisco de Quiroga Taboada y Álvarez de Castro, Señores de Tor, acompañaron ao conde a Napoles cando este foi nomeado Virrey. Desa viaxe hai diferentes testemuñas no Pazo a modo de pezas traídas dende Italia. 
Nunha biblioteca coma a do Pazo non podían faltar obras de Cervantes, e moito menos algunha do Quijote. Temos a honra de contar con dúas edicións diferentes desta obra cumio da literatura universal. Por un lado, temos unha editada en varios volumes en 1797, correxida e aumentada por D. Juan Antonio Pellicer, "bibliotecario de S.M. y académico de número de la Real Academia de la Historia". 






Pero tamén contamos con outra edición realizada nos talleres de Joaquin Ibarra no ano 1780, impulsada pola Real Academia. Unha obra excepcional que contou coa participaron dos mellores ilustradores da época, quedando fóra artistas da talla de Goya. Todos eles eran membros da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, e a tinta, o papel e incluso a tipografía creáronse a propósito e ao máis completo detalle para esta edición. 











Hoxe parécenos un bo día para traervos estas dúas pezas admirables, que forman parte da nosa colección grazas a Dna. María Paz Taboada de Zúñiga, e que podemos disfrutar todos os que pasemos algún día polo pazo, xa que son dúas das obras que se poden ver no despacho durante a visita ó noso museo.

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODXS!

PEZAS DO PAZO DE TOR: OBRAS COMPLETAS DO CURA DE FRUÍME

Diego Antonio Cernadas e Castro (1702-1777), ou Zernadas como a el lle
gustaba escribilo, máis coñecido como "O Cura de Fruíme", pequena parroquia do
concello de Lousame na Serra de Noia. O noso protagonista nace en Santiago
de Compostela en 1702, fillo de Antonio Cernadas, escribán real, e de María
de Castro. Estudiou latín cos Xesuítas e graduouse como bachiller en
Teoloxía na Universidade de Santiago no ano 1729.

No ano 1730, aos 28 anos de idade, toma posesión do curato de Fruíme. A súa
presencia nesta pequena parroquia tivo un gran impacto entre os menos de 500
habitantes da zona. E non soamente pola súa labor eclesiástica, senón tamén
nas costumes agrarias e culturais dos seus fregueses.

Entre outras cousas  ensinaba a ler á moita xente diante da igrexa,
acostumaba a lerlles versos e a organizar encontros teatrais nos que
participaban os parroquiáns. Na labor agrícola introduciu o millo na zona e
amosoulles o modo de cultivalo, moelo e facer pan. 

Aínda hoxe, a súa figura segue a estar moi presente na memoria colectiva de
Lousame, onde por iniciativa popular e coa axuda da Asociación San Martín de
Fruíme, pedíase axuda ao Consello de Cultura Galega en 1993 para levantar un
busto do párroco diante da igrexa onde repousan os seus restos. Un obxectivo
acadado anos máis tarde grazas ao empeño dos seus veciños.

Pero se algo queremos destacar hoxe do Cura de Fruíme é, dende logo, a súa
faceta literaria e a súa férrea defensa de Galicia e do galego. Podémolo
considerar como o autor en lingua galega máis prolífico do século XVIII. Os
seus textos, de toda índole, expresaban a súa defensa de Galicia e
denunciaba as inxusticias contra ela cometidas.

Tradicionalmente, díxose que a publicación das súas obras é póstuma e
obedece ao empeño dos seus amigos recompilando todos os seus textos. Pero
actualmente diferentes autores, como o P. Atanasio López ou José María de
Bustamante, corroboraron que "Os Peritorios" comezou a publicalos na
Candeloria de 1745. 

Na biblioteca do Pazo temos a grandísima sorte de contar cunha primeira
edición das "Obras Completas en prosa y verso del cura de Fruíme" publicadas
entre os anos 1778 e 1781. Esta obra consta de 7 tomos impresos por Joachim
Ibarra, impresor de Cámara de S.M. Os cinco primeiros tomos que temos
están encadernados en pel e os dous últimos en pergameo, un detalle que os
fai, se cabe, máis especiais. 






Nesta obra podemos atopar textos en resposta a algún outro no que se
agravia a Galicia, como é o Numero VIII que reproducimos na foto.





Outros de exaltación de Galicia como o Número IV que vemos aquí abaixo.





Textos en galego, como esta Décima Gallega que escribe para Manuel de Arcos
que aínda que é galego estaba residindo en Madrid.





Tamén reproducimos aquí esta décima adicada a cidade de Lugo.