PEZAS DO PAZO DE TOR: VAIXELA DE SARGADELOS (parte I)
Tar López – Vixilante/Guía. Pazo de Tor – Rede Museísitca Provincial de
Lugo
O Museo Pazo de Tor – Rede Museísitca Provincial de Lugo alberga unha
interesante mostra de de artes decorativas de diferentes procedencias, épocas e
estilos. A gran destacada nas visitas nese eido é sen lugar a dúbidas a vaixela
de Sargadelos de porcelana opaca da cal se conservan 167 pezas. Pertence ao 3º
período da Real Fábrica de Sargadelos (1845-1862) é corresponde ao estilo inglés
con motivos de chinoiserie moi
demandado por aquel momento, está personalizada coas inicias J.M.V., con
caligrafía inglesa que corresponden a José María Varela canónigo natural de
Chantada (fabriquero da Catedral de Santiago)
Estas pezas son un reflexo da época, o século XIX, unha época de grandes
cambios en todos os eidos, véxase a Revolución Industrial e (científica e técnica),
o colonianismo, o romanticismo... e por suposto estes cambios pasaron a mesa.
Serán os elementos que compoñen a xogo de loza que se adapten as necesidades de
novos protocolos pasando do servizo “a la
francesa”, ao servizo “a la rusa”
que será costume en gran parte da Europa no XIX e no Reino de España en tempos
de Isabel II. O cambio no protocolo a evolución-revolución culinaria e a maior
hixiene, trae consigo un incremento de utensilios na mesa cunha distribución e
colocación establecida a cal debía de ser aprendida (cun certo sentido común)
nese cambio de servizo “a la rusa” resultará
a carta pechada e a posibilidade de impresión do menú en tarxeta ou “minuta” e
tamén se incorpora a etiqueta.
A vaixela de Sargadelos do Museo Pazo de Tor presenta varias pezas
interesantes que dan mostra destes cambios, as máis chamativas e de innevitable
mención nas visitas son as fontes “escorredeira”, a súa morfoloxía estaba
pensada para separar líquidos das viandas por medio duns regos que van a dar a
un “pozuelo” (hai referencias a esta fonte como fonte con pozuelo)
A fonte de consomé é un reflexo da presenza o prato de culler en todos os menús, éste
igual que o parto fondo ou chan era individuais.
Os froiteros (louza calada) e “légumiers”
estarán presentes nas mesas de etiqueta no XIX. Froita e verdura era
recomendada por médicos e gastrónomos da época, aínda que coa advertencia da
posbible indixestión.
O Pazo de Tor conserva o esceario destas longas veladas e de manxares esquisitos aínda hoxe recordados pola súa transmisión oral no tempo e que tamén se mantivo en pleno S. XX. Fabulosas cociñeiras do Pazo de Tor e o servizo no ir e vir pola escaleira da solaina do xardín, facían posible manter unha época e un xeito de vivir, xa alleo aos tempos que corrían.

BIBLIOGRAFÍA:
BURGUEÑO MARÍA, J. (2011). El Museo del Romanticismo enseña a comer al modo del S. XIX. 15 de marzo de 2017, de Revista de Arte - Logopress Sitio web: http://www.revistadearte.com
CRUZ, J. (Actas XVI Congreso AIH). LA DEFINICIÓN DE LOS MODELOS DE CONDUCTA BURGUESA EN LA ESPAÑA DEL SIGLO XIX . marzo 16 2017, de CENTRO VIRTUAL CERVANTES Sitio web: http://cvc.cervantes.es/
LAGO, E. & QUIROGA, M. (2003). A Louza de Sargadelos. Lugo: Servicios de Publicación. Deputación de Lugo.
QUINTANAR CABELLO, V. (outubro de 2013). Vajilla Principal del Comedor del Museo del Romanticismo Sala XI. Pieza del Mes, Mes de Octubre, Paginas 1 -31.
SARGADELOS. (2017). 1845-1862 Terceira Etapa. marzo 15, 2017, de Sargadelos Sitio web: http://www.sargadelos.com/gl/

No hay comentarios:
Publicar un comentario