Semana dos museos

Os museos integrados na Rede Museística Provincial, conmemoran un ano máis o Día Internacional dos Museos. Programa para a Semana dos museos no Pazo de Tor:







MULLERES NA REDE

Abril 2013

Actividade realizada no Pazo de Tor con membros do Centro da Información á Muller de Monforte, dirixida por Pilar Sánchez Monje.











Organigrama Rede Museística Provincial



Obradoiros Semana Santa

Obradoiros de Stop Motion: Historias Fantásticas no Pazo de Tor

Os días 26 e 27 de marzo, levamos a cabo este obradoiro mediante o cal os participantes coñeceron esta nova forma de realización de Curtametraxes, elaborando un guión previo, coñecendo o funcionamente da técnica e foto a foto foron contando a súa historia. Aprenderon a aparentar movemento de obxectos estáticos, tomados dos fondos da Rede Museística e achegáronse ao coñecemento do nacemento do cinema, da linguaxe cinematográfica e ao uso da fotografía como elemento expresivo.













Obradoiro Contamos a túa ollada

O día 31 de marzo, levamos a cabo esta actividade coa que queríamos que os visitantes do Pazo de Tor nos transmitirán as súas sensacións e percepcións a través da arte, queríamos que nos pintaran o pazo trala súa ollada.

















Obradoiros de Igualdade no Pazo de Tor

Hoxe 19 de marzo de 2013 seguigos cos Obradoiros de Igualdade






Día Internacional da Muller na Redemuseística

Este xoves, 14 de marzo, dentro das actividades previstas no programa de “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4’0” comeza a desenvolverse un obradoiro colaborativo que leva por título “Mulleres en / para / por/ desde / ante .. o Museo.

As obras dos museos da Rede servirán para contar a “túa propia historia”. Coordinan: Pilar Sánchez e Encarna Lago.
Colaboran: asociación e colectivos (Afamon, Auxilia, Centro integración da Muller de Monforte, Alume, Cogami, As. de Mulleres Redeiras, As. de Amas de Casa, Mulleres Rurais …)
Máis información: mulleresnarede@hotmail.com





O Apóstolo visita os museos da Rede Museística


O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones, candidato aos Premios Goya, vai ser a protagonista nos catro museos da Rede Museística nos próximos días.

Un dos motivos é que desde o 15 de febreiro o Museo Pazo de Tor pasa a custodiar e amosar aos visitantes as maquetas dos decorados desta película; outro motivo é que esta película está nominada aos Premios Goya con opción ao Premio a Mellor Película de Animación. E a terceira e máis importante das razóns consiste en ofrecer aos nosos visitantes a oportunidade de visionar totalmente gratis este excelente filme.
Xunto coas proxeccións que se realizarán nos catro museos conforme ao calendario que se achega, tamén haberá ocasión de escoitar e partillar co seu director, Fernando Cortizo, e coa responsable da produtora, Isabel Rey, para coñecer as interioridades dunha rodaxe moi complexa.