Obradoiros Semana Santa

Obradoiros de Stop Motion: Historias Fantásticas no Pazo de Tor

Os días 26 e 27 de marzo, levamos a cabo este obradoiro mediante o cal os participantes coñeceron esta nova forma de realización de Curtametraxes, elaborando un guión previo, coñecendo o funcionamente da técnica e foto a foto foron contando a súa historia. Aprenderon a aparentar movemento de obxectos estáticos, tomados dos fondos da Rede Museística e achegáronse ao coñecemento do nacemento do cinema, da linguaxe cinematográfica e ao uso da fotografía como elemento expresivo.













Obradoiro Contamos a túa ollada

O día 31 de marzo, levamos a cabo esta actividade coa que queríamos que os visitantes do Pazo de Tor nos transmitirán as súas sensacións e percepcións a través da arte, queríamos que nos pintaran o pazo trala súa ollada.

















Obradoiros de Igualdade no Pazo de Tor

Hoxe 19 de marzo de 2013 seguigos cos Obradoiros de Igualdade






Día Internacional da Muller na Redemuseística

Este xoves, 14 de marzo, dentro das actividades previstas no programa de “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4’0” comeza a desenvolverse un obradoiro colaborativo que leva por título “Mulleres en / para / por/ desde / ante .. o Museo.

As obras dos museos da Rede servirán para contar a “túa propia historia”. Coordinan: Pilar Sánchez e Encarna Lago.
Colaboran: asociación e colectivos (Afamon, Auxilia, Centro integración da Muller de Monforte, Alume, Cogami, As. de Mulleres Redeiras, As. de Amas de Casa, Mulleres Rurais …)
Máis información: mulleresnarede@hotmail.com





O Apóstolo visita os museos da Rede Museística


O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones, candidato aos Premios Goya, vai ser a protagonista nos catro museos da Rede Museística nos próximos días.

Un dos motivos é que desde o 15 de febreiro o Museo Pazo de Tor pasa a custodiar e amosar aos visitantes as maquetas dos decorados desta película; outro motivo é que esta película está nominada aos Premios Goya con opción ao Premio a Mellor Película de Animación. E a terceira e máis importante das razóns consiste en ofrecer aos nosos visitantes a oportunidade de visionar totalmente gratis este excelente filme.
Xunto coas proxeccións que se realizarán nos catro museos conforme ao calendario que se achega, tamén haberá ocasión de escoitar e partillar co seu director, Fernando Cortizo, e coa responsable da produtora, Isabel Rey, para coñecer as interioridades dunha rodaxe moi complexa.








Entroido 2013



Chegan os días de Entroido deste ano 2013, un período festivo cun calendario variable segundo a localidade, pero onde todo se revolve contra a orde establecida. Volven as máscaras e as representacións, os desfiles das comparsas, a troula e as risas. Son días de subversión e festa.

Os Entroidos que se celebran na provincia de Lugo son, moitos deles, singulares, aínda que non gocen da sona doutros entroidos galegos ou do mundo. Destacan os da Riberia de Chantada, cos seus volantes, peliqueiros e mecos; o de Salcedo, co seu Oso; os da Terra Chá, os da Mariña e os da Montaña, cos seus sermóns e xuízos, sempre complementados cunha gastronomía abenzoada coa carne de porco, cos grelos e con sobremesas de elaboración requintada. E se chega o Entroido ás nosas aldeas, vilas e cidades, tamén ten que chegar aos museos da Rede Museística. 
Nos días de lecer deste Entroido 2013 propoñémosvos a todos, grandes e menos grandes, que vos acheguedes aos museos xestionadas pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
Preparamos un amplo programa con obradoiros, exposicións, proxeccións, charlas divulgativas … sempre guiadas por especialistas, investigadores e estudosos do Entroido lucense. En todos os museos da Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Pazo de Tor) ofrecemos as mesmas actividades para que todos e todas os que así o desexen teñen na súa propia comarca a oportunidade de participar nelas.

Obradoiro O bosque de Nadal

29 de decembro de 2012

Este obradoiro deseñado e posto en práctica por Adriana Pazos Ottón comeza aló cando os nosos devanceiros decidiron adornar as árbores polo tempo do Nadal. E cada árbore ten unha historia, e cada historia pode ter unha árbore. O que che propoñemos é que veñas, que imos contar historias de Nadal, e con cada historia realizaremos o máis fermosa árbore de Nadal que sexamos capaces de facer para levala canda nós, coa nosa familia, á nosa casa.









Obradoiro Laboratorio de sombras

28 de decembro de 2012

Cada sombra agacha un misterio. Tamén o noso corpo, ao ilumínalo convenientemente, proxecta sombras, esconde misterios. Velaí a orixe do teatro de sombras que nós, neste obradoiro deseñado e posto en práctica por Adriana Pazos Ottón , imos experimentar con siluetas e coas figuras proxectadas polo noso corpo ou pola nosa imaxinación.